HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA - CSAG
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O limpabotas e o merlo
Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal. O Merlo foi o máis célebre limpabotas de Galicia, con permiso de Cañotas. Ambos os dous aparecen na célebre novela 'A casa da Troia', pero o Merlo ocupou decenas de titulares nos xornais da época, que tanto anunciaban a súa arte limpando zapatos como as súas conquistas sentimentais ou as múltiples leas en que adoitaba verse implicado.