HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA - CSAG
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O escalatorres e o rei
Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal. O 25 de xullo de 1909 o rei Afonso XIII chega á catedral de Santiago para realizar a ofrenda ao Apóstolo. Empoleirado no pararraios da torre do Reloxo agarda por el José Puertollano. O rei volverá atoparse co escalador á tardiña, na inauguración da Exposición Rexional. A partir dese día, a familia Puertollano é reclamada para facer todo tipo de traballos nas alturas.