div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A historia de 'O home perfecto' péchase hoxe cunha trampa final e coa certeza de que os monstros non desaparecen sós, senón que hai que sacalos á luz

Guille manobra desde o cárcere antes da chegada do seu xuízo, que incendia as rúas, os medios e as redes, e onde está todo en xogo

csag.gal 02/12/2025 00:01

Santiago, 2.12.2025.-   A Televisión de Galicia ofrece este martes as dúas últimas e emocionantes entregas de ‘O home perfecto’ (22:55 h). Na primeira delas, titulada ‘O tempo non amaña nada’, os espectadores verán como Guille leva dous anos no cárcere, pero non pensa quedar moito máis. Prepara unha entrevista cun podcast de éxito para cambiar a narrativa e poñer en dúbida todo o proceso. Se funciona, pode quedar libre, e se non, sempre lle queda o plan B. 

Mentres, o mundo de Vicky vense abaixo. O seu avogado é un desastre e Catuxa dille que vai marchar lonxe con Leire, a súa filla. Vicky perdeuno todo, pero non pensa renderse agora. E menos cando a versión de Neves sobre o seu accidente podería facer que Guille permaneza en prisión moitos anos máis. 

Na panadería, Xabi defende publicamente a Rebeca e iso tráelle consecuencias. A parte boa é que volve Rebeca e non só para estar ao seu carón, senón que vén disposta a dar guerra. Ela sabe que Guille non vai parar e, se non o detén ela ,non o vai facer ninguén. A guerra está servida. E Guille, desde a cela, move peza cunha chamada e unha proposta que o podería cambiar todo. 

A continuación, o episodio titulado ‘Xustiza ou vinganza’ chegará co xuízo contra Gille, que incendia as rúas, os medios e as redes. 

Dentro da sala, todo está en xogo. Neves sobe ao estrado disposta a manter a súa mentira, pero a defensa está preparada para destruíla. Nina loita por manter o caso en pé e Vicky, ao límite, busca un xeito de deter o home que acabou coa vida da súa nai. 

A declaración de Rebeca é clave. Guille móvese con seguridade, coma se todo fose segundo o previsto. Está convencido de que ela vai ceder á manipulación e á chantaxe, e talvez non se equivoque. Pero cando parece que xa non hai nada que facer, Rebeca demostra que hai algo máis forte cá dor: a sororidade, a intelixencia e a determinación de quen, aínda rota, decide poñerse en pé e loitar. 

A historia de ‘O Home perfecto’ péchase así cunha última xogada, cunha trampa final. E tamén cunha certeza: os monstros non desaparecen sós, hainos que sacar á luz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade