Entrevista ao presidente da Xunta, este martes na Televisión de Galicia - CSAG
Entrevista ao presidente da Xunta, este martes na Televisión de Galicia
É a primeira entrevista de Alfonso Rueda na TVG nesta lexislatura
A conversa, conducida por Pablo Muñoz, emitirase en directo ás 21.30 h., ao remate do ‘Telexornal serán’

Santiago, 09.06.2026.- Televisión de Galicia ofrecerá esta noite a súa primeira entrevista ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, desde o inicio da actual lexislatura.
Nunha conversa conducida por Pablo Muñoz, o xefe do Executivo galego abordará os principais asuntos da actualidade política, social e económica de Galicia, ademáis de facer balance dos primeiros dous anos de lexislatura e analizar os retos e oportunidades que afronta a futuro a comunidade desde o prisma do máximo mandatario galego.
A entrevista emitirase en directo ás 21:30 horas, ao remate do ‘Telexornal serán’.