div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

'A liga dos cantantes extraordinarios' celebra este mércores as súas semifinais

Neste emocionante programa decidirase que tres concursantes quedan fóra da competición e que tres outros acompañan as dúas primeiras finalistas, elixidas a semana pasada

crtvg.gal 04/12/2024 00:01

Santiago, 4.12.2024.-    O programa ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ (23:00 h) chega hoxe ás semifinais. Dúas concursantes xa están clasificadas para a gran final da vindeira semana e hoxe non compiten, pero o resto de compañeiros loitarán por conseguir un lugar. 

O concurso presentado por María Mera deixa así atrás once programas onde os aspirantes acumularon puntos e desa clasificación saíron as primeiras dúas finalistas. O resto dos concursantes están hoxe cos nervios a flor de pel, xa que tres deles incorporaranse á final xunto a elas e outros tres quedarán fóra do soño de converterse en gañador.

Pola contra, Iago Pico, Roi Casal, Carolina Rubirosa e Antón Reixa, os membros do xurado, respirarán esta noite un pouco ao saber que o público e os padriños tamén participarán na elección dos concursantes que pasan á final. 

Será un programa decisivo con moitas sorpresas da man dos seis protagonistas que quedan na loita do gran agasallo, sen esquecer un obxectivo: coroarse como o ‘mellor cantante galego’ e lograr o premio de cantar nunha espectacular gala coas caras máis coñecidas do panorama verbeneiro galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade