Álvaro Alonso Filgueira - CRTVG
Álvaro Alonso Filgueira
Titulación académica
- Graduado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), cunha experiencia de mobilidade, durante o terceiro curso, na Universidade Carlos III.
Traxectoria profesional
- Entre 2013 e 2014, responsable de comunicación das empresas de eventos deportivos ICE Imaginación, S.L. e Gestsport Galicia, S.L.
- Redactor en prácticas na sección de deportes do xornal Diario de Pontevedra (2014).
- Entre 2014 e 2015, redactor en prácticas no programa Galicia en goles fin de semana da Radio Galega.
- Redactor en prácticas na delegación de Ferrol do xornal La Voz de Galicia (2015).
- Entre 2015 e 2016, correspondente en Ferrol de Agencia EFE, S.A.
- En 2016 publica o libro Galicia olímpica 1996-2016, sobre os deportistas galegos que participaron nos xogos olímpicos durante o antedito período.
- Entre 2016 e 2019, redactor na delegación de Ferrol do xornal La Voz de Galicia.
- Entre 2019 e 2021, persoal do Gabinete de Comunicación da Presidencia da Xunta de Galicia.
- Entre 2021 e 2022, xefe de Prensa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
- Membro do Consello de Administración da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. dende o 19 de xullo de 2022.