div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Aviso legal e Política de Privacidade

Aviso legal e Política de Privacidade

Aviso legal

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmase o usuario de que esta é a páxina web corporativa da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG), sociedade mercantil pública autonómica creada pola Lei 1/2025, do 14 de marzo, de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, con CIF A15073349 e domicilio en Bando - San Marcos, 15820 Santiago de Compostela (A Coruña). A CSAG é herdeira da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), creada pola Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, que á súa vez sucedeu á Compañía de Radio-Televisión de Galicia, creada pola Lei 9/1984.

 

Política de privacidade 

A CSAG quere dar a coñecer, mediante o presente texto, cales son os criterios e regras que segue respecto da utilización dos datos persoais que calquera usuario facilite durante o acceso á súa páxina web corporativa en https://www.csag.gal, así como a través dos demais dominios dos que, en cada momento, sexa titular a CSAG.

En cumprimento do disposto nos artigos 13 e 14 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (en diante, RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (en diante, LOPDGDD), a CSAG infórmao de que os datos que nos proporcione mediante a cumprimentación de calquera formulario de rexistro electrónico que apareza no noso sitio web, así como aqueles datos aos que a CSAG poida acceder como consecuencia da súa navegación, serán tratados con base nos seguintes criterios:

1. Responsable do tratamento

Identidade: Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)
CIF: A15073349
Enderezo: Bando - San Marcos, s/n, CP 15820 Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: info@csag.gal
Teléfono: 981 540 640

DPD (delegado de protección de datos): a CSAG designou un delegado de protección de datos a través do cal o usuario poderá formular calquera cuestión relativa ao tratamento dos seus datos persoais, así como exercer os seus dereitos. Para iso, o usuario poderá dirixirse ao seguinte enderezo de correo electrónico: lopd@csag.gal

2. Información e consentimento

A presente Política de Privacidade ten por finalidade informar os usuarios sobre os tratamentos de datos persoais realizados pola CSAG a través da súa páxina web, aplicacións e demais servizos dixitais.

A base xurídica de cada tratamento será a que corresponda en función da súa finalidade e poderá consistir, segundo os casos, no consentimento da persoa interesada, no cumprimento dunha obriga legal, na execución dunha relación contractual ou precontractual, no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, ou no interese lexítimo da CSAG, cando resulte aplicable.

3. Obrigatoriedade de facilitar os datos

Nos formularios e servizos habilitados pola CSAG identificaranse, de ser o caso, os campos de cumprimentación obrigatoria. A falta de achega dos datos obrigatorios poderá impedir a correcta atención ou tramitación da solicitude, rexistro ou servizo correspondente. A CSAG solicitará unicamente aqueles datos que resulten adecuados, pertinentes e necesarios para a finalidade concreta do tratamento.

Cando o tratamento estea baseado no consentimento e se refira a menores de idade, será aplicable o réxime previsto na normativa de protección de datos, incluídas as regras específicas relativas ao consentimento dos menores de catorce anos.

4. Cal é a finalidade do tratamento dos seus datos por parte da CSAG?

Os datos persoais facilitados polo usuario serán tratados coa seguinte finalidade:

Facer efectivo o rexistro do usuario para permitirlle o acceso aos produtos e servizos que lle poidamos ofrecer.

No caso da utilización da aplicación da CSAG, e sempre que exista un consentimento expreso e estea activada a función de xeolocalización no dispositivo, trataranse os datos relativos á localización do dispositivo desde o cal o usuario acceda á aplicación. Estes datos relativos á xeolocalización serán empregados para coñecer en que zonas xeográficas a aplicación é máis utilizada, así como para poder coñecer o perfil do interesado utilizando esta información e a derivada da relación entre o usuario e a CSAG, para poder ofrecer, no seu caso, publicidade personalizada propia da CSAG.

A CSAG realizará este tratamento sempre que o usuario manteña a función de xeolocalización habilitada no seu dispositivo e o autorice expresamente mediante a aceptación da mensaxe de consentimento específico ao acceder á aplicación. O usuario poderá retirar este consentimento segundo se expón nesta política de privacidade.

O usuario ten a posibilidade de desactivar a función de xeolocalización nos «Axustes» do seu dispositivo. Para iso, deberá dirixirse á función de «Axustes» do dispositivo en concreto e desactivar a función de xeolocalización para a aplicación ou plataforma da CSAG. A partir dese momento, os datos relativos á xeolocalización do interesado non serán recibidos por parte da CSAG e, polo tanto, non poderán ser tratados, se ben o usuario ha de ser consciente de que a retirada do consentimento tal como neste apartado se determina non afectará os datos obtidos e tratados durante o tempo no que mantivo o seu consentimento.

5. Cal é a lexitimación do tratamento?

A base xurídica do tratamento dependerá da finalidade concreta para a que se recollan os datos. Segundo corresponda, o tratamento poderá estar baseado:

  1. No consentimento da persoa interesada, cando este resulte necesario.

  2. Na execución dunha relación contractual ou na aplicación de medidas precontractuais solicitadas pola persoa interesada.

  3. No cumprimento das obrigas legais aplicables á CSAG.

  4. No cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos atribuídos á CSAG pola normativa aplicable.

  5. No interese lexítimo da CSAG ou dun terceiro, unicamente cando resulte aplicable e logo da correspondente ponderación dos intereses e dereitos das persoas afectadas.

Cando o tratamento se basee no consentimento, este poderá retirarse en calquera momento, sen que iso afecte a licitude do tratamento realizado con anterioridade á súa retirada.

6. Cal é o prazo de conservación dos datos persoais dos usuarios?

Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que foron recollidos e, posteriormente, durante os prazos que resulten necesarios para atender as obrigas legais ou as posibles responsabilidades derivadas do tratamento.

Cando proceda a súa supresión, os datos poderán permanecer debidamente bloqueados durante os prazos de prescrición aplicables. Os prazos concretos de conservación poderán variar en función da natureza e da finalidade de cada tratamento.

7. Cales son os datos do usuario que poderá tratar a CSAG?

A CSAG tratará as seguintes categorías de datos do usuario:

a) Datos proporcionados polo propio usuario. Datos identificativos: nome, apelidos, DNI e fotografía na que conste unha imaxe persoal identificable. Datos de contacto: domicilio, enderezo de correo electrónico e teléfono.

b) Datos obtidos doutras fontes distintas do propio usuario, como, por exemplo, fontes accesibles ao público.

c) Datos derivados do desenvolvemento da relación: datos proporcionados de forma indirecta polo usuario ao derivar da propia navegación da páxina web, do acceso á área privada ou calquera outro de análoga natureza que permita a súa recepción.

d) Nome de dominio do provedor (PSI) e/ou enderezo IP que lles dá acceso á Rede, co fin de elaborar estatísticas sobre os países e servidores que nos visitan máis a miúdo.

A CSAG poderá empregar ferramentas de medición ou análise da navegación para obter información estatística sobre a utilización das súas páxinas web e aplicacións. Cando estas ferramentas impliquen o tratamento de datos persoais ou a utilización de cookies ou tecnoloxías similares non necesarias, o tratamento realizarase coa base xurídica correspondente.

A información específica sobre as ferramentas empregadas, os provedores, as cookies utilizadas e, de ser o caso, as transferencias internacionais de datos recollerase na Política de Cookies

e) Cando o usuario facilite datos persoais de terceiros, deberá asegurarse de que conta cunha base lexítima para a súa comunicación á CSAG e, cando resulte necesario, de que informou previamente a persoa afectada sobre a comunicación dos seus datos. O usuario responderá da exactitude e licitude dos datos facilitados.

8. Quen son os destinatarios dos datos do usuario?

A CSAG non realizará ningún tipo de cesión de datos a terceiros que non teña unha base xurídica que a xustifique ou que non se atope lexitimada por algunha causa.

Polo tanto, informámolo de que os seus datos serán obxecto de tratamento unicamente pola CSAG dentro do ámbito da súa propia páxina web e dos soportes dixitais a través dos que se poida interactuar.

Sen prexuízo do anterior, a CSAG poderá contratar servizos de almacenaxe na nube ou cloud con entidades cuxos servidores están radicados fóra do Espazo Económico Europeo. Non obstante, a CSAG asegurarase de que estes provedores garantan as medidas adecuadas para manter un nivel equiparable de protección nos termos do disposto na normativa de protección de datos.

9. Cales son os seus dereitos?

A normativa de protección de datos confírelle unha serie de dereitos en relación co tratamento de datos que implican os nosos servizos e que vostede poderá exercer, achegando a copia do seu DNI á solicitude. Os dereitos son os seguintes:

Dereito de acceso: coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que se está a levar a cabo.

Dereito de rectificación: pode modificar os seus datos por seren inexactos ou non verídicos.

Dereito de portabilidade: poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.

Dereito á limitación do tratamento: cando vostede outorgou o consentimento para o tratamento dos seus datos relacionados con distintas cuestións, poderá proceder á súa limitación.

Dereito de supresión: solicitar a supresión dos seus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.

Dereito de oposición: solicitar o cesamento no envío das comunicacións comerciais anteriormente mencionadas.

Dereito a revogar o consentimento prestado.

Dereito a interpoñer unha reclamación ante unha autoridade de control (en España, a Axencia Española de Protección de Datos, AEPD).

Os dereitos poderán exercerse mediante solicitude dirixida á CSAG no enderezo Bando - San Marcos, s/n, 15820 Santiago de Compostela (A Coruña), ou mediante correo electrónico dirixido ao delegado de protección de datos no enderezo lopd@csag.gal.

A solicitude deberá permitir identificar suficientemente a persoa interesada e indicar o dereito que pretende exercer. Só cando existan dúbidas razoables sobre a identidade da persoa solicitante poderá a CSAG requirir información adicional necesaria para confirmar a súa identidade.

O usuario terá dereito a formular unha queixa ou reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) e ante o delegado de protección de datos da CSAG lopd@csag.gal.

10. Cales son as medidas de seguridade que aplicará a CSAG?

A CSAG tratará os datos do usuario en todo momento de forma absolutamente confidencial e gardando o preceptivo deber de segredo respecto deles, de conformidade co previsto na normativa de aplicación, e adoptará para o efecto as medidas de índole técnica e organizativa necesarias que garantan a seguridade dos datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos.

 

Condicións de uso da páxina web

Estas condicións regulan o uso do servizo da nosa páxina web https://www.csag.gal (en diante, a páxina web), que a CSAG pon gratuitamente á disposición dos usuarios de internet. Mediante esta páxina web non é posible realizar contratación electrónica, polo que os prezos e tarifas reflectidos, que inclúen os impostos indirectos, terán en todo caso carácter meramente informativo.

A utilización da nosa páxina web atribúelle a condición de usuario dela e supón a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso legal, na versión publicada no momento mesmo en que o usuario acceda á nosa páxina web, así como da nosa política de privacidade e tratamento de datos persoais.

A CSAG resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á súa páxina web, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, a aqueles usuarios que incumpran as presentes disposicións xerais, así como as particulares que resulten de aplicación.

A CSAG non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da súa páxina web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que este se atope actualizado. No entanto, cando iso sexa razoablemente posible, advertiranse previamente as interrupcións no funcionamento da páxina web e dos servizos nela ofrecidos. Neste contexto, a CSAG declina calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da páxina web e dos servizos.

A CSAG facilita o acceso, mediante ligazóns, a outras páxinas web que consideramos que poden ser do seu interese, co único obxectivo de facilitar a procura de recursos a través de internet. No entanto, esas páxinas non pertencen á CSAG e non facemos revisión dos seus contidos, polo que non nos responsabilizamos da calidade, exactitude ou veracidade destes nin do funcionamento da páxina ligada, nin dos posibles danos que poidan derivarse do seu acceso ou uso.

Todo o contido dispoñible na web (texto, gráficos, logotipos, iconas, imaxes, clips de audio, recompilacións de datos e software, marcas, nomes comerciais etc.) é propiedade da CSAG e/ou atópase lexitimamente explotado en virtude de acordos ou licenzas de uso, e está protexido polas leis de propiedade intelectual e industrial. Polo tanto, non se permite a reprodución e/ou publicación, total ou parcial, da web, nin o seu tratamento informático, a súa distribución, a súa comunicación pública, nin a súa modificación ou transformación sen o permiso previo e por escrito. O usuario, única e exclusivamente, pode utilizar o material que apareza nesta web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades contrarias á lei.

O usuario obrígase a usar a páxina web de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de:

Suprimir, eludir ou manipular o copyright, as marcas e os demais datos identificativos dos dereitos da CSAG ou dos seus titulares, incorporados aos contidos e/ou produtos comercializados desde a nosa páxina web, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información que puidesen conter.
Empregar os contidos e, en particular, a información da CSAG obtida a través da nosa páxina web para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, ou mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas.

Reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido.

En xeral, utilizar os contidos de forma, con fins ou con efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública.

As cuestións relacionadas co uso desta web ou dos seus contidos rexeranse e interpretaranse conforme ás presentes Condicións de uso e á lexislación española, e as partes sométense, salvo nos casos en que non estea legalmente permitido, á xurisdición dos xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela, provincia da Coruña (España), para a resolución dos conflitos concernentes ao uso desta web, con renuncia de forma expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles.

 

Condición de uso e comentarios

A participación do usuario a través de comentarios en foros de discusión ou redes sociais aos que estea vinculada a CSAG, ou en calquera outro servizo ofrecido pola web, implica a adhesión plena e sen reservas ás presentes condicións. A CSAG resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso a eles, de oficio ou por instancia dun terceiro e sen necesidade de preaviso, a aqueles usuarios que as incumpran.

Para poder participar activamente nos referidos servizos en calidade de usuario, deberá ter, como mínimo, 14 anos de idade. En caso de dúbida sobre a idade dun usuario, a CSAG poderá solicitar a súa verificación a través de calquera medio válido en dereito.

Concretamente, as redes e foros abertos a comentarios pretenden ser unha ferramenta dixital gratuíta que a CSAG pon á disposición para a publicación de valoracións relativas aos seus contidos e para expor as súas opinións sobre as emisións da TVG e da RG.

A intervención dos visitantes na sección de comentarios levarase a cabo a través dun nome de usuario persoal e dunha clave secreta elixida polo propio interesado, que se validará contra o correo electrónico facilitado por este, e da que se deberá facer un uso dilixente e confidencial.

Debido á finalidade propia das ferramentas dixitais, aqueles contidos que non se axusten ás temáticas propostas poderán ser moderados, bloqueados ou eliminados. Así mesmo, retirarase calquera comentario ofensivo, violento, discriminatorio ou que puidese perturbar o funcionamento normal dos comentarios. En especial, prohíbese a publicación de promocións e ligazóns a ofertas comerciais, así como a captación de datos con finalidade publicitaria.

Se un usuario se vise afectado por actuacións ilegais ou que contraveñan as presentes condicións, ou detectase un mal uso das ferramentas dixitais por parte doutros usuarios, poderá poñelo en coñecemento da CSAG a través de info@csag.gal, para que esta poida moderalos ou eliminalos. En calquera caso, a CSAG non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos usuarios, que unicamente expresan a opinión do seu autor.

En atención á normativa en materia de protección de datos, antes de dar difusión a través de comentarios a datos de carácter persoal de terceiros, especialmente información fotográfica ou audiovisual, deberá contar co consentimento dos seus titulares, e absterse de incluír nas ferramentas da web a referida información en caso contrario. En calquera caso, recoméndase aos usuarios ter especial coidado á hora de publicar os devanditos contidos, para evitar pór en risco a privacidade e intimidade de persoas da súa contorna, así como non publicar información de contacto físico que permita a calquera persoa coñecer onde vive, onde traballa ou estuda diariamente, ou os lugares de lecer que adoita frecuentar. Así mesmo, os usuarios deberán utilizar e publicar unicamente contidos respecto dos que conten cos dereitos de propiedade intelectual suficientes.

 

Condicións de uso de servizo de mensaxería

Co envío de calquera mensaxe para aos números de teléfono facilitados a tal efecto pola CSAG, a persoa usuaria autoriza que os datos persoais comprendidos na devandita comunicación (número de teléfono) sexan obxecto de tratamento por parte da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A., con domicilio social en Bando - San Marcos, CP 15820 Santiago de Compostela, coa única finalidade de xestionar a petición solicitada e sen que os devanditos datos sexan comunicados a terceiros. Así mesmo, poñemos no seu coñecemento que poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade mediante solicitude ao enderezo arriba indicado, ou ben a través de correo electrónico ao seguinte enderezo: lopd@csag.gal, en ambos os casos cunha copia do seu DNI.

Requisitos para o envío de material audiovisual á Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. 

A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG), entidade prestadora do servizo público de comunicación audiovisual de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, con domicilio social en Bando - San Marcos, s/n, conta con diversas vías a través das cales a cidadanía lle pode enviar determinado contido audiovisual para a súa emisión a través dos seus medios de comunicación. O envío do material audiovisual (en diante, o material) implica a aceptación por parte do remitente das seguintes condicións:

Poderán enviar o material as persoas físicas maiores de idade.

O envío poderá realizarse a través da web www.csag.gal, desde as redes sociais ao perfil indicado, a través do correo electrónico facilitado ou por calquera outro medio habilitado. O material non poderá conter ningún tipo de elemento que poida perxudicar o correcto funcionamento da plataforma ou vulnerar os sistemas de seguridade.

O remitente deberá facilitar os datos que se lle soliciten, así como calquera información sobre o seu contido.

O remitente, mediante o envío, cédelle á CSAG, con carácter gratuíto, sen limitación temporal nin territorial e sen límite de pases, a emisión do material en calquera dos programas da CSAG ou campañas promocionais que se emitan en calquera dos seus medios. Así mesmo, autoriza a súa reprodución, distribución, transformación e comunicación pública por televisión, por calquera sistema técnico e en calquera soporte, así como a través de internet (páxinas web, redes de comunicación social, aplicacións móbiles etc.). O remitente tamén autoriza a utilizar o material para a promoción dos programas ou canles da CSAG. A CSAG respectará os dereitos morais dos usuarios sobre o material que acheguen, especialmente a súa condición de autor.

O remitente garante que a obtención do material foi realizada directamente por el, ou que conta coa autorización do autor para a súa remisión, e que está capacitado para cederllo á CSAG nos termos regulados neste documento. O remitente garante que está lexitimado para remitir o material á CSAG e, cando nel aparezan persoas identificadas ou identificables, que a súa captación e comunicación respecta a normativa aplicable en materia de protección de datos, dereito á honra, intimidade e propia imaxe e protección de menores. Cando resulte necesario, deberá contar co consentimento ou coa autorización correspondente.

O material deberá cumprir a normativa reguladora da propiedade intelectual, a normativa reguladora do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, e a de protección de menores. O remitente responsabilízase ante a CSAG de calquera reclamación ou indemnización que se puidese producir polo seu incumprimento.

O envío do material non implica a súa emisión pola CSAG, que se realizará atendendo, entre outros criterios, á súa calidade, ao seu interese e á súa actualidade.

Co envío do material, o remitente acepta os requisitos contidos no presente documento, que está á súa disposición na páxina web www.csag.gal para a súa consulta, así como a política de privacidade da CSAG.

 

Contacto

Para calquera dúbida, suxestión ou incidencia técnica sobre a nosa páxina web ou sobre a nosa aplicación móbil, poden dirixirse á nosa páxina de contacto a través da seguinte ligazón: info@csag.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade