div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

A CRTVG comeza a busca da Canción do Nadal de 2024

As persoas interesadas en participar na décima edición do concurso teñen de prazo ata o 2 de decembro para presentar as súas cancións

Os temas, que deben ser inéditos e escritos en galego, enviaranse ao enderezo canciondonadal2024@crtvg.gal

crtvg.gal 28/10/2024 13:28

Santiago, 28.10.2023.-    A CRTVG pon en marcha unha nova edición do certame da Canción de Nadal, que ata o vindeiro 2 de decembro busca, entre as propostas recibidas de toda Galicia, a mellor banda sonora para acompañar os espectadores durante as vindeiras festas de Nadal.

As cancións que se presenten ao concurso deben ser inéditas e orixinais, ademais de estaren escritas en lingua galega. A duración non deberá ser superior aos 3 minutos, e poderase enviar un vídeo musical da mesma. Os participantes achegarán as súas cancións, de temática libre, en formato mp3 e, en caso de presentar vídeo musical, en mp4, ao enderezo canciondonadal2024@crtvg.gal.

O premio conta cunha dotación económica de 1.500 euros e, para decidir o gañador, o xurado valorará a orixinalidade, a calidade técnica e o acompañamento dun vídeo musical. Ademais do premio, a canción gañadora terá difusión na televisión e na radio públicas, así como nas redes sociais da Corporación.

O xurado estará composto por cinco persoas designadas pola dirección da Corporación Radio e Televisión de Galicia, e o 10 de decembro farase público o tema vencedor e unha lista puntuada ata o quinto posto na web www.crtvg.gal, onde tamén se poden consultar as bases do concurso.

Esta é a décima edición deste certame musical, que o ano pasado gañou o grupo Xeración M, co tema ‘Soará o Nadal’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade