div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

A película de animación 'Os demos de barro', participada pola TVG, álzase con dous Premios Sophia, os galardóns do cinema portugués

Foi a gañadora na categoría de mellor canción orixinal, para a composición ‘Caretos’, do grupo Os Gaiteiros de Lisboa, e de mellor banda sonora, a realizada polo músico luso Carlos Guerreiro e o galego Manuel Riveiro

É a primeira vez que un filme galego acada un premio da Academia Portuguesa do Cinema

crtvg.gal 27/05/2024 14:06

Santiago, 27.05.2024.-    ‘Os demos de barro’, película de animación participada pola Televisión de Galicia, alzouse con dous Premios Sophia, os galardóns da Academia Portuguesa do Cine, na gala celebrada onte no Gran Casino de Estoril. O filme, primeira longametraxe de animación coa técnica stop-motion producida en Portugal, resultou gañador nas dúas categorías ás que optaba: mellor canción e mellor banda sonora.

A película de animación producida por Xosé Zapata e Carlos Juárez faise por primeira vez para unha película española con dous dos principais galardóns do cinema luso. Ademais, é a primeira vez que unha película galega gaña un premio da Academia Portuguesa do Cinema.

O premio de mellor canción orixinal foi para a composición ‘Caretos’, do grupo portugués Os Gaiteiros de Lisboa, con letra de Possidónio Cachapa e música de Carlos Guerreiro, e a mellor banda sonora foi para a composición realizada polo músico portugués Carlos Guerreiro e o galego Manuel Riveiro, que se converteu así no primeiro músico español que acada o premio da Academia Portuguesa do Cine. Integrante do lendario grupo folk Milladoiro, Riveiro é un compositor especializado en música de cine, foi candidato aos Premios Goya no ano 2019 pola súa banda sonora para ‘A sombra da lei’, e é autor da música da curtametraxe de animación ‘The Monkey’, gañadora do Goya en 2022.

‘Os demos de barro’, dirixida por Nuno Beato, é unha coprodución de Caretos Film e Basque Films (España), Sardinha em Lata (Portugal) e Midralgar (Francia) que foi estreada nestes tres países. Participou na Sección Oficial do Festival de Annecy, dedicado ao cinema de animación, e o ano pasado foi candidata a mellor longametraxe de animación nos Premios Goya.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade