div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

AGalega.gal estrea este martes 'E logo, quen foi?', unha microserie de intriga sobre ciberseguridade

Os usuarios da plataforma dixital da CRTVG disporán, en exclusiva, de todos os capítulos desde o seu debut 

Esta semana lanza tamén a curtametraxe ‘As vacas de Wisconsin’ (xoves 23) e novas entregas de  ‘Salvaxe’ e ‘Historias de aquí’, entre outros contidos 

crtvg.gal 20/01/2025 13:07

Santiago, 20.1.2025.-  Esta semana destaca a estrea en AGalega.gal da microserie dixital ‘E logo, quen foi?’. O martes (21 xaneiro), os usuarios poderán gozar desta intrigante produción, de sete capítulos, todos dispoñibles desde a súa estrea. A axente Rodríguez, experta en ciberseguridade, e o seu compañeiro Montenegro investigan un sofisticado roubo de 2 millóns de euros, a través dun correo malicioso que recibiu o contable dunha empresa. 

A plataforma dixital da CRTVG trae, amais, propostas variadas que combinan entretemento e cultura, como é a estrea da entrañable curtametraxe ‘As vacas de Wisconsin’ (xoves, 23), en que unha avoa galega comeza unha aventura na busca de música clásica para que a súa vaca dea leite, tras escoitar unha noticia ao respecto da Universidade de Wisconsin. 

Desde este luns (20 xaneiro) está dispoñible a oitava entrega de ‘Salvaxe’, contido exclusivo de AGalega.gal, en que os once concursantes deben soportar o frío para superar os retos do reality. Os aspirantes compiten, nesta ocasión, no curro da serra do Forgoselo (A Capela). 

Cómpre salientar tamén o lanzamento en AGalega.gal dunha nova edición de ‘Historias de aquí’ (venres, 24), ‘As mil movidas de Vigo’, que se achegará ao Vigo dos anos 80, entre as propostas do naval e o nacemento dunha transformación cultural, a través da música e outras expresións artísticas. 

Outras producións das que se poderán gozar esta semana son a longametraxe  ‘Testemuña accidental’ (sábado, 25) e o programa ‘Lévame, lévame’ (mércores, 22), ambas as dúas dispoñibles na plataforma dixital despois da súa emisión na TVG a noite anterior. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade