div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

Bases Concurso LETRAS GALEGAS 2024 do programa LUAR

BASES CONCURSO “LETRAS GALEGAS 2024”

DESCRICIÓN

A Corporación RTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela) e con C.I.F. A-15073349, é a entidade responsable do concurso para televisión “LETRAS  GALEGAS” (en diante, o Concurso) que se emitirá no programa LUAR, nas cadeas de TELEVISIÓN DE GALICIA (en diante, a Cadea) e nas súas canles interactivas.

NORMAS APLICABLES AO CONCURSO

O concurso réxese polas presentes regras particulares accesibles na dirección www.crtvg.gal. O mero feito da participación, por calquera dos medios establecidos nestas regras, implica a súa aceptación incondicional.

A Cadea resérvase o dereito para expulsar do Concurso a calquera concursante que non cumpra coas bases legais en calquera momento do Concurso.

DINÁMICA DO CONCURSO

1.Durante a emisión do Programa LUAR do día 17 de maio de 2024 os presentadores e presentadoras deste espazo preguntarán ó público telespectador polo significado dunha palabra galega que aparecerá na pantalla dos televisores.

2.Acto seguido, na mesma pantalla e por boca dos presentadores, determinarase un número de telefóno ao que o telespectador e telespectadora poderá chamar para participar no Concurso.

3.As chamadas telefónicas serán elexidas aleatoriamente e atendidas en directo no momento do programa en que a Dirección así o decida.

4. No caso de acerto, o concursante e a concursante recibirá como premio unha noite de estancia  para dúas persoas no SPA NANIN PLAYA con aloxamento, almorzo e unha hora de SPA, para estar antes do 31 de maio de 2024 e do 23 de setembro ao 9 de outubro de 2024 segundo dispoñibilidade.

5. No caso de erro na contestación por parte do concursante, a Dirección do programa seguirá atendendo sucesivas chamadas ata a aparición da resposta correcta.

6. O criterio de avaliación das respostas, correctas ou incorrectas, será fixado polos criterios do Equipo Lingüístico da CRTVG así como polos ditames da RAG.

PARTICIPANTES

1.Os participantes deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 16  emancipados,  que posúan DNI ou pasaporte vixente en caso de ser españois, ou NIE e permiso de residencia vixentes en caso de seren estranxeiros e que fosen seleccionados nos diferentes cástings que a “CRTVG” efectúe para ese efecto e á súa única discrecional idade e que actúe conforme o procedemento aquí descrito.

2. Non poderán participar no Concurso os traballadores de CRTVG, das empresas que presten os seus servizos á CRTVG nin os familiares dos devanditos traballadores ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (incluídas as parellas de feito)

3.Tampouco poderán participar aquelas persoas que manteñan relacións de amizade cos traballadores vinculados ao Concurso que teñan capacidade de decisión sobre el.

4.Así mesmo, quedan excluídas da posibilidade de participación no Concurso aquelas persoas asistentes, no plató, á realización en directo do programa Luar.

O incumprimento destas condicións dará lugar á eliminación automática do concursante e á obrigación de devolver o premio obtido no seu caso.

CLAÚSULAS XERAIS

Regras de conducta

Os concursantes non recibirán contraprestación ningunha por esta participación.

CRTVG resérvase o dereito de descualificar calquera concursante do programa no caso de que considere que a súa actuación é nalgunha forma inadecuada ou contraria a calquera código de emisión, ético, de regulación ou a algunha lei aplicable.

O concursante non poderá, en ningún caso, promocionar ningún servizo ou produto nin tampouco poderá utilizar unha linguaxe inapropiada, nin groserías, ou realizar declaracións inxuriosas, calumniosas ou dicir calquera cousa que puidese ofender ou ferir a unha persoa, empresa ou entidade. O concursante acepta que soamente el será responsable das consecuencias dos seus actos ou as súas palabras mentres participe no Concurso.

Cesión de dereitos

A participación no Concurso implica obrigatoriamente a aceptación desta cláusula.

O participante polo mero feito de participar no Concurso outorga mediante a aceptación destas bases o seu consentimento expreso para que a CRTVG poida indistintamente empregar a súa imaxe, nome e/ou voz en calquera medio e a través de calquera forma de comunicación, incluída a publicidade e/ou promoción do Concurso en todo tipo de actividades relacionadas co concurso, xa sexa por si mesmas ou a través de terceiros, sen limitación temporal nin territorial e sen percibir remuneración por iso.

A título enunciativo pero non limitativo, CRTVG poderá emitir as gravacións nas que aparezan os concursantes en calquera medio de difusión e/ou programas, promocións ou na web de “CRTVG”, así como nos seus servizos móbiles, de forma completa ou fraccionada, por separado ou de forma agrupada.

Protección de datos de carácter persoal

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento do concurso. Informámoslle que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.

Modificación de bases

A CRTVG resérvase o dereito de retirar ou cambiar o Concurso por motivos técnicos, operativos, comerciais ou de audiencia, modificando no necesario as presentes bases.

Aceptación das Bases e Lexislación Aplicable

A participación no Concurso supón a aceptación expresa das presentes bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que delas efectúe a Dirección do Concurso, cuxo criterio prevalecerá.

Serán competentes para coñecer os litixios que puidesen expoñerse os xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela, renunciando expresamente os participantes ao foro que lles puidese corresponder.

Atención de Reclamacións

O concursante poderá efectuar as súas reclamacións en relación co concurso por calquera destas vías:

  • Por escrito, mediante escrito enviado a CRTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela).
  • A través da web da cadea CRTVG onde se promociona o Concurso: www.crtvg.gal

Santiago de Compostela 14 maio 2023

div-crtvg-top2

Publicidade