div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

Bases Concurso "VAI DE BAILE"

1. DESCRICIÓN

A CRTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela) e con C.I.F. A-15073349 , é a entidade responsable do concurso para televisión “Vai de Baile” (en diante, o “Concurso”) que se emitirá no programa Luar, nas cadeas de televisión da SOCIEDADE MERCANTIL CORPORACIÓN DE RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A. (en diante, a “Cadea”) e nos seus canais interactivos.

2. NORMAS APLICABLES AO CONCURSO

O concurso réxese polas presentes regras particulares accesibles na dirección www.crtvg.es . O mero feito da participación, por calquera dos medios contemplados nestas regras, implica a aceptación incondicional das mesmas.

A Cadea resérvase o dereito para expulsar do Concurso calquera concursante que non cumpra coas bases legais en calquera momento do Concurso.

3. LEXITIMACIÓN PARA PARTICIPAR

Poderán participar no Concurso todas aquelas persoas, maiores de 18 anos ou maiores de 16 que se atopen emancipadas ou que conten coa autorización expresa dos seus titores legais, que residan legalmente dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que posúan DNI ou pasaporte vixente en caso de ser españolas ou NIE e permiso de residencia vixentes en caso de ser estranxeiras e que fosen seleccionadas nos diferentes castings que a CRTVG efectúe para ese efecto e á súa única discreccionalidade e que actúe conforme ao procedemento aquí descrito.

Non poderán participar no Concurso os traballadores da CRTVG, das empresas que presten os seus servizos á CRTVG, nin os familiares dos devanditos traballadores ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (incluídas as parellas de feito). Tampouco poderán participar aquelas persoas que manteñan relacións de amizade cos traballadores vinculados ao Concurso que teñan capacidade de decisión sobre el.

O incumprimento destas condicións dará lugar á eliminación automática do concursante e á obrigación de devolver o premio obtido no seu caso.


 

4. CLAÚSULAS XERAIS

4.1.-Os concursantes, mentres continúen a súa colaboración con Luar, non poderán participar noutros concursos ou programas de televisión sen a autorización da dirección do programa.

4.2.- Regras de Conduta

A CRTVG resérvase o dereito de descualificar a calquera concursante do programa no caso de que se considere que a súa actuación é nalgunha forma inadecuada ou contraria a calquera código de emisión, ético, de regulación ou a algunha lei aplicable.

O concursante non poderá, en ningún caso, facer promoción de ningún servizo ou produto, nin tampouco poderá utilizar unha linguaxe desapropiada, nin groserías, ou realizar declaracións inxuriosas, calumniosas ou dicir calquera cousa que puidese ofender ou ferir a unha persoa, empresa ou entidade. O concursante acepta que soamente el será responsable das consecuencias dos seus actos ou as súas palabras mentres participe no “Concurso”.

4.3.- Premios

No caso de que o concursante gañase algún premio, a CRTVG esixirá como requisito previo ao seu pago:

A acreditación da identidade do gañador, para cuxo fin este deberá achegar o seu DNI/ NIE, teléfono de contacto e número de conta bancaria con código IBAN da cal sexa titular e onde desexe recibir o importe do premio.

Os premios caducarán cando transcorridos cento oitenta días contados a partir do día seguinte á data do Concurso en que se produciu a participación premiada, o gañador non cumprise os requisitos necesarios para poder obter o premio solicitados pola CRTVG.

Os premios abonaranse por calquera dos sistemas de pago admitidos en España, a completa discreción da “CRTVG”.

Conforme á normativa fiscal vixente, todos os premios están suxeitos a retención e ingreso a conta polo IRPF. Ditas retencións serán deducidas dos premios obtidos en metálico. Anualmente remitirase ao gañador un certificado de retencións e ingresos a conta cos datos do premio e da retención aplicada para que este poida incluílo na súa declaración anual de IRPF.

4.4.- Cesión de dereitos

A participación no Concurso implica obrigatoriamente a aceptación desta cláusula.

O participante polo mero feito de participar no Concurso outorga mediante a aceptación destas bases o seu consentimento expreso para que a CRTVG poida indistintamente empregar a súa imaxe, nome e/ou voz en calquera medio e a través de calquera forma de comunicación, incluída a publicidade e/ou promoción do Concurso en todo tipo de actividades relacionadas co concurso, xa sexa por si mesmas ou a través de terceiros, sen limitación temporal nin territorial e sen percibir remuneración por elo.

A titulo enunciativo pero non limitativo, a CRTVG poderá emitir as gravacións en que aparezan os concursantes en calquera medio de difusión e/ou programas, promocións ou na web da CRTVG, así como nos seus servizos móbiles, de forma completa ou fraccionada, por separado ou de forma agrupada.

A CRTVG aboará a cada concursante a cantidade bruta de 130€ por cada programa en que participe ata quedar eliminado, menos a retención fiscal correspondente, pola cesión de dereitos de imaxe e demais dereitos cedidos. Esta cantidade, menos a retención fiscal correspondente, será aboada previa presentación de factura mensual que cumpra os requisitos legais establecidos.

4.5.- Protección de datos de carácter persoal

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa de que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento do concurso. Informámolo de que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento, salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime, e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.

4.6.- Modificación de Bases

A CRTVG resérvase o dereito de retirar ou cambiar o Concurso por motivos técnicos, operativos, comerciais, ou de audiencia, modificando no necesario as presentes Bases.

4.7.- Aceptación das Bases e Lexislación Aplicable

A participación no Concurso supón a aceptación expresa das presentes bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que delas efectúe a dirección do Concurso, cuxo criterio prevalecerá.

Serán competentes para coñecer os litixios que puidesen exporse os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela, renunciando expresamente os participantes ao foro que lle puidese corresponder.

4.8.- Atención de Reclamacións

O concursante poderá efectuar as súas reclamacións en relación co concurso por calquera destas vías:

  • Por escrito, mediante escrito enviado a CRTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela).

  • A través da web da cadea CRTVG onde se faga promoción o Concurso: www.crtvg.es.

No caso de que se comprobe un erro na interpretación das bases por parte da dirección do Concurso, o participante será convidado a volver participar durante un día que se fixe de mutuo acordo entre o participante e a dirección do.

5. MECÁNICA DO CONCURSO

A orde e a inclusión ou non das probas que a continuación se describen poderá en calquera momento ser modificado pola dirección do Concurso. Por outra banda as probas poden sufrir alteracións e mesmo se poderán incluír novas probas.

5.1.- Mecánica

En cada programa competirán entre si dúas parellas bailando unha xota e unha muiñeira de forma alternada, máis un agarrado que bailarán simultaneamente.

O xurado de “Vai de Baile” estará formado por tres especialistas de recoñecida solvencia. Cada membro do xurado emitirá a súa avaliación e puntuación, atendendo a criterios técnicos e artísticos e a súa decisión será inapelable. Unha vez nomeado o xurado, os concursantes declararán non ter ningunha vinculación familiar ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade con ningún dos membros do xurado. A Dirección do Programa poderá, no caso de imposibilidade de asistencia dalgún dos membros do xurado, nomear un substituto que pasará a formar parte deste, sempre coa mesma condición de non ter vinculación familiar cos concursantes.


 

5.2.- Fases

No concurso poderá haber cantas fases decida a dirección do programa atendendo a criterios de audiencia.

5.2.1.- Primeira fase

Na primeira fase participarán dúas parellas novas por programa que serán avaliadas e calificadas, cada unha delas, polos membros do xurado, cunha nota entre 0 e 10. A suma das calificacións constituirá a nota final de cada parella participante. Esta puntuación quedará reflectida nunha táboa xeral. O número de parellas participantes nesta primeira fase será decidido pola Dirección do programa Luar en función do calendario do programa e os índices de audiencia do concurso “Vai de Baile”.

5.2.2.- Segunda fase

Na segunda fase participarán aquelas parellas que obtivesen as mellores puntuacións na rolda anterior, coa mesma dinámica de participación que a establecida no punto anterior. O número de parellas participantes nesta segunda fase será decidido pola Dirección do programa Luar en función do calendario do programa e os índices de audiencia do concurso “Vai de Baile”.

 

5.2.2.- Seguintes fases

Nas seguintes fases manterase a dinámica dos dous puntos anteriores, ata que a dirección do programa elixa as catro parellas mellor puntuadas ata o momento e que competirán na seguinte fase de Semifinal. No caso de empate para seleccionar as catro parellas semifinalistas procederase a desempate.

5.2.3.- Semifinal.

A esta fase accederán as catro parellas mellor clasificadas anteriormente. En caso de empate para esta selección procederase a desempate.

5.2.4.- Final.

Accederán as dúas parellas que decida o xurado de entre as catro que participaron na fase de semifinais. A parella gañadora do concurso “Vai de Baile” será decisión inapelable do xurado.

(A dirección do programa resérvase o dereito de terminar o concurso “Vai de Baile” ó remate de calquera das fases anteriormente descritas, procedendo á celebración de dúas semifinais e final entre as catro parellas que obtivesen maior puntuación, ou directamente procedendo á final entre as dúas parellas mellor clasificadas)


 

5.3.- Premio

O concurso ten como premio unha dotación económica de 3000 € para a parella campiona e de 1.500 € para a subcampiona, e correspóndelle o 50 % do premio a cada compoñente da parella. Os premios estarán suxeitos á correspondente retención do IRPF.

5.4.- Outros

Os concursantes comprometeranse a presentarse puntualmente no lugar e durante o tempo que se lles sinale para efectuar os ensaios previos, así como seguir as instrucións de participación durante o programa.

Os participantes que desexen abandonar o concurso comprometeranse a presentar a renuncia por escrito cunha antelación suficiente para non prexudicar o desenvolvemento do programa.

div-crtvg-top2

Publicidade