div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

Chega este domingo á Televisión de Galicia 'Pesca Total', un 'reality' en que seis aspirantes sen experiencia no mar se enrolarán nun barco pesqueiro

Ao longo de varias xornadas de pesca real, deberán demostrar que poden ser considerados auténticos mariñeiros e competirán por un premio de 7.500 euros

crtvg.gal 06/10/2024 02:00

Santiago, 06.10.2024.-   Esta noite comeza o primeiro reality de mariñeiros da Televisión de Galicia. A canle pública estrea ‘Pesca Total’ (22:50 h), un programa presentado por Lucía Regueiro en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro.

Ao longo de varias xornadas de pesca real, deberán demostrar que poden ser considerados auténticos mariñeiros e mariñeiras, e competirán por ver quen é o gañador do gran premio de 7.500 euros de ‘Pesca Total’.

No primeiro programa, os espectadores coñecerán a Mirian, Dani, Natalia, Suso, Tino e Elena, os seis aspirantes de ‘Pesca Total’ sen coñecementos previos sobre o oficio de mariñeiro. No seu bautismo de mar, irán subindo por quendas á embarcación para poñerse aos mandos do capitán Sauro Martínez.

Nesta primeira toma de contacto navegarán, como será habitual en toda a temporada, pola ría de Pontevedra, coñecendo as nocións básicas de seguridade, mantemento e traballo coa rede. Será unha xornada dura, pero nada comparable ao que virá despois. Serán quen de aguantar o primeiro día estes seis aventureiros ou sufrirán xa os primeiros mareos?

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade