div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

O cómico Joaquín Pajarón pon a proba no 'Land Rober Tunai Show' o seu enxeñoso sentido do humor

Este xoves tamén serán protagonistas, a carismática familia de mariscadores e o público do show,  que intervirá nunha nova edición do xogo ‘A quen te pareces?’
 

crtvg.gal 07/11/2024 00:01

Santiago, 7.11.2024.-    Este xoves á noite é tempo na Televisión de Galicia para o humor con maiúsculas, xa que aos divertidos momentos que capitanea Roberto Vilar, xunto a Eva Iglesias, Roi Méndez e José Baño, hoxe sumarase para pintar a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ (21:45 h) o cómico asturiano Joaquín Pajarón. E o equipo do programa ten previsto poñelo a proba co público galego.

Na ficción, volve ao ‘Land Rober Tunai Show’ a ‘Familia de mariscadores’ máis carismática. Desta volta algo inesperado vai pasar con Josiño… Os espectadores sorprenderanse cunha entrega do máis dramática. 

Tamén regresa esta semana o ocorrente xogo ‘A quen te pareces?’, que se desenvolve coa participación do público do programa. Nesta nova entrega, a que famosos se pareceran?

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade