div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

O duelo máis musical de 'Morra o conto' enfrontará hoxe a bandas e orquestras

Tradición, espectáculo e emoción prometen ser os grandes protagonistas dunha velada en que se medirán a Panorama e a Banda Artística de Merza

crtvg.gal 22/12/2024 02:00

Santiago, 22.12.2024.-     O programa ‘Morra o conto’, que se traslada á noite dos domingos, achegarase hoxe, ás 23:00 h, ao Pazo de Xerlís, na Estrada, para poñer cara a cara dúas formas de entender a música en Galicia: as bandas tradicionais e as orquestras de verbena. A Banda Artística de Merza, a máis antiga de Galicia, e a orquestra Panorama, todo un fenómeno social, mediranse nun vibrante duelo onde tradición, espectáculo e emoción prometen ser os grandes protagonistas.

Ao longo do programa, os espectadores coñecerán historias entrañables, como a de Xosé Panxolo, veterano da Banda de Merza, con máis de 40 anos de música ás súas costas, e tamén o impacto das orquestras a través de figuras clave como Lito Garrido, con máis de tres décadas facendo bailar o público co seu show inigualable.

Entre momentos de humor, cánticos en directo e moito ‘pique’ saudable, o espazo presentado por Alba Mancebo e David Vilares volverá celebrar a riqueza cultural de Galicia. Quen gañará esta batalla musical? Morrerá o conto ou non?

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade