div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

O novo da artista Soraya e da cantante e compositora Barei, esta noite en 'Luar'

O programa tamén ofrecerá as actuacións da banda galega Son Iou, da orquestra Acordes e do grupo de baile e música tradicional A Carballeira de Cercio, entre outros

crtvg.gal 18/10/2024 02:00

Santiago, 18.10.2024.-    ‘Luar’ (21:50 h) contará este venres coa presenza de dúas artistas que representaron a España no Festival de Eurovisión. Unha delas é a cantante estremeña de pop-dance Soraya, cuxa voz é unha das máis recoñecidas do panorama musical español desde que participou na cuarta edición de ‘Operación Triunfo’. Atesoura 20 anos de carreira, en que publicou varios traballos, ademais de numerosos sinxelos de grande éxito. No programa de hoxe interpretará os seus últimos lanzamentos, temas moi discotequeiros, perfectos para lanzarse á pista a bailar.

Tamén estará no escenario a cantante e compositora Barei, que acudiu ao certame en 2016 co tema ‘Say yay!’. Aínda que o resultado non foi o agardado, logrou conquistar o público e converterse nunha das artistas máis escoitadas nas plataformas dixitais. Tras seis anos de ausencia como solista, durante os que colaborou como compositora con artistas como Chenoa, Malú, Edurne e Lorena Gómez, esta madrileña regresa co seu cuarto álbum de estudio, un proxecto que marca un cambio radical na súa carreira. Con este disco, cociñado a lume lento, afonda na saúde mental e no crecemento persoal que tivo durante estes anos.

Ademais, ‘Luar’ ofrecerá esta noite as actuacións da nova banda galega Son Iou,  que mestura rock e música de raíz da terra; da orquestra Acordes; do grupo de baile e música tradicional A Carballeira de Cercio, un dos máximos expoñentes deste xénero na comarca do Deza; e da formación Ata o Mandil, Dolores.

No tempo do concurso ‘Vai de Baile’, hoxe actuarán os dúos Pura e Lucinda e Pes de La. Ademais, contra o final do programa, chegará, coma sempre, unha nova edición de ‘Recantos’, desta volta coa participación de Ainhoa Crespo e Joel O Mariachi, representantes das comarcas Lugo Sur e Ourense Sur, respectivamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade