div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

O 'reality' de aventura da TVG 'Salvaxe', seleccionado no Spain Fresh TV Showcase de Cannes pola súa orixinalidade

No marco do MIPCOM, este novo formato, que chegará proximamente á grella da Televisión de Galicia e AGalega.gal, foi escollido como un dos contidos de entretemento máis orixinais presentados no certame francés

O espazo está a gravarse actualmente en Galicia, coa xornalista María Lamela como presentadora e cun innovador compoñente de xogo estratéxico por equipos

crtvg.gal 23/10/2024 17:23

Santiago, 23.10.2024.-    O reality de aventura ‘Salvaxe’, que proximamente se estreará na Televisión de Galicia e na plataforma dixital AGalega.gal, é un dos poucos formatos de entretemento seleccionados pola prestixiosa consultora francesa The Wit no Spain Fresh TV Showcase. Neste evento elíxense os contidos máis innovadores creados en España, ‘país de honor’ da 40ª edición do MIPCOM Cannes, o mercado internacional por excelencia de coprodución e contidos de entretemento, que se celebra estes días na cidade francesa.

Na presentación do ‘Spain Fresh TV’ no marco do MIPCOM (Marché International des Programmes de Communication), The Wit destacou o programa ‘Salvaxe’ como un dos contidos de entretemento máis orixinais de entre todos os que este ano se presentan nesta edición da feira de espazos audiovisuais.

O novo formato da canle galega, coproducido por Voz Audiovisual e Globomedia, está a gravarse actualmente en Galicia. Trátase dun reality de aventura por equipos cun innovador compoñente de xogo estratéxico vinculado á figura do capitán.

O programa, presentado pola xornalista María Lamela, poderase ver proximamente na TVG e en AGalega.gal, a plataforma dixital de contidos audiovisuais, en aberto e en galego, da Corporación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade