div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

O Vilarreal-Celta da TVG arrasa no prime time en Galicia

O partido de Primeira acadou este luns un pico máximo de preto do 30 % de audiencia

Os informativos do mediodía foron tamén líderes, para un total día do 12,3 %

O partido do Celta foi seguido tamén por máis de 16.000 persoas a través de AGalega.gal

crtvg.gal 27/08/2024 16:42

Santiago, 27.08.2024.-   A TVG asinou un espectacular comezo de semana tanto en informativos como no prime time, liderando este luns as faixas do mediodía e a noite. A cota de audiencia do día ascendeu ao 12,3 %, sendo a primeira canle pública de Galicia.

Esta cifra susténtase nos bos resultados da programación durante todo o día, e especialmente nos informativos e o prime time. Nos informativos, na faixa do mediodía, que corresponde ao ‘Galicia Noticias’ e ao o ‘Telexornal Mediodía’, chegou ao 16,3 %, liderando en Galicia.

Xa pola noite, o prime time da TVG elevouse ata o 19 %, liderando tamén, con máis de 5 puntos de vantaxe sobre o seguinte competidor. O prime time da Galega tamén acadou o liderado entre as canles autonómicas, con máis de 4,6 puntos de vantaxe.

O partido entre o Vilareal e o Celta foi o programa máis visto da xornada, cunha audiencia media de 160.000 telespectadores e unha cota do 23,8 %. A TVG tamén se fixo onte co minuto de ouro (o minuto de maior audiencia na xornada tendo en conta todas as canles que se poden ver en Galicia). Foi ás 22:46 h, e a TVG contou cunha audiencia de 193.000 telespectadores e unha cota de pantalla do 27,8 %. O pico máximo de cota de pantalla da TVG acadouse onte ás 23:17, cun valor do 28,5 %.

Tamén a través de AGalega.gal

A esta audiencia hai que sumar os 16.481 contactos que tivo o encontro do Celta en AGalega.gal, a maior plataforma de contidos en galego do mundo, que tamén distribuíu o sinal do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade