div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

Televisión de Galicia arranca o seu 40 aniversario cunha espectacular festa en Vigo

Pola alfombra rosa do programa especial ‘Cantando as 40’ desfilaron este sábado as caras máis coñecidas da TVG, actores, actrices e os presentadores máis queridos de radio e televisión, así como moitas celebridades que quixeron acompañar á canle na terraza do centro comercial Vialia

O 40 aniversario da TVG viaxará por toda Galicia nunha xira de actos ao longo dos vindeiros meses

O Especial foi emitido en directo pola plataforma dixital AGalega.gal, e poderá verse tamén mañá domingo na TVG ás 22.55 h.

crtvg.gal 14/09/2024 20:57

Santiago, 14.09.2024.-  Vigo acolleu este sábado pola tarde a gala de presentación das novidades da Televisión de Galicia e da Radio Galega para a temporada 2024/2025, coa que os medios públicos galegos inauguran a celebración dos seus 40 anos de vida. Desde a terraza do centro comercial Vialia, TVG emitiu en directo pola plataforma AGalega.gal o programa especial ‘Cantando as 40’, presentado por Arturo Fernández e Noelia Rey que contou coa participación do público e de varios centos de convidados .

Pola alfombra rosa desfilaron as caras máis coñecidas da TVG, actores, actrices e os presentadores máis queridos de televisión e radio, así como moitas celebridades galegas que quixeron acompañar á CRTVG nesta celebración. Tamén, numeroso público que seguiu a emisión en directo dun programa que rematou coa actuación dun coro sorpresa moi especial: Xosé Ramón Gayoso, Paco Lodeiro e Antón Reixa, entre outros, cantaron o mítico tema ‘Fai un sol de carallo’ de Os Resentidos que foi multitudiariamente coreado. O programa contou ademais coas actuacións de Ortiga, Xisco Feijóo, Wanila, Christian Pensado, G-Face, e a orquestra Cinema, entre outros artistas, como a actriz María Mera.

En total, un programa de dúas horas, que foi emitido en directo pola plataforma dixital AGalega.gal, e no que se anunciou que o 40 aniversario da canle será celebrado cunha xira de actos por toda Galicia.

O programa será emitido mañá domingo na TVG ás 22.55 h.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade