div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

Volve a Primeira División de fútbol á Televisión de Galicia, desde o 26 de agosto

TVG e a plataforma dixital AGalega.gal emitirán partidos do R. C. Celta de Vigo nesta temporada de Liga 2024/2025 tanto en Balaídos como fóra de casa

O primeiro encontro será o luns 26 de agosto, o que  xogará o equipo vigués en Castelló co Vilarreal

crtvg.gal 05/08/2024 13:44

Santiago, 05.08.2024.-  A CRTVG volve emitir partidos da Primeira División da Liga de Fútbol Española. O acordo asinado polos medios públicos galegos cos propietarios dos dereitos televisivos desta Liga 2024/25 fai posible que se emitan, desde o 26 de agosto, partidos do R. C. Celta de Vigo, único representante galego na máxima categoría do fútbol español.

A estrea das retransmisións será o partido Vilarreal-R. C. Celta o luns 26 de agosto, ás 21: 30 h desde Castelló. O partido poderá verse pola primeira canle de TVG e pola plataforma dixital AGalega.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade