Cargando resultados...
Boyanka Kostova: "Este disco fala das preocupacións da xente da nosa condición"
Foliada no inferno, publicado por Ernie Records, é o sexto álbum de Boyanka Kostova
Boyanka Kostova presenta o sue novo disco este sábado na Sala Capitol
Entre os xéneros: boleros, corridos 'tumbaos', italodisco, hardstyle..
G24.gal
19/04/2024 14:55
Última actualización 19/04/2024 16:21
Un tratado de escarnio e maldizer. Así definen o seu novo disco os Boyanka Kostova. É o sexto da súa carreira e din que o máis ecléctico con sons que van dende o reguetón á bachata pasando polo trap. Iso si, manteñen sempre o seu toque retranqueiro nas letras.
Se os queredes escoitar, van estar presentando o seu novo disco este sábado na santiaguesa sala Capitol.