Artes plásticas

A Fundación MOP inaugura en xuño unha mostra de fotografía dedicada a David Bailey

24/04/2025 15:08

Poderase visitar do 28 de xuño ao 14 de setembro

Segundo sinalou Marta Ortega, "David Bailey é, sen dúbida, dono dunha linguaxe visual absolutamente propio", un fotógrafo "que se moveu con soltura polos mundos da música, a moda e o estilo dos anos 60"


Rosendo Cid: "O que me interesa da arte é a súa capacidade de abstracción"

22/04/2025 13:43

A abstracción, para Rosendo Cid, pode situarse en calquera momento e lugar enon precisa nin un relato nin unha historia

"En tan só é unha mancha" o artista aprópiase de obras icónicas da historia da pintura

A mostra está aberta ata o 23 de maio na galería Nordés, na Coruña
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Viveiro, punto de encontro de tatuadores

12/04/2025 14:20

Uns 70 tatuadores participan na segunda edición do Viveiro Tattoo Expo que sitúa A Mariña como un referente no mundo da tatuaxe


Mónica Maneiro: "Os debuxos dos anos 50 de Labra sorprenden pola súa actualidade e vixencia"

10/04/2025 15:05

A segunda exposición do ciclo 'Correspondencias' ofrece novas posibilidades de explorar a obra do coruñés José María de Labra 

55 debuxos e maquetas do artista dialogan con obras de artistas como Pablo Barreiro, Almudena Fernández Fariña, Carlos Maciá ou Tatiana Medal entre outros

'Correspondencias: José María de Labra' pódese ver no Centro Social Abanca de Santiago e mañá celébrase un seminario sobre a súa figura no Museo de Pontevedra

Etiquetas:  ZIGZAG

Sara Donoso: "Estes artistas traballan con obxectos cotiáns que coa súa mirada collen outra dimensión"

08/04/2025 14:08

'Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita' é unha mostra que abre o debate sobre a necesidade da reapertura da cafetería como espazo de encontro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra

No proxecto tamén se inclúen dúas mostras efémeras do alumnado e o espazo convértese nun organismo vivo que transforma a sala nun campo de acción relacional

A exposición inclúe un cadro de Laxeiro pintado nas protestas pola precaria situación dos estudantes en 1993 e doado aos alumnos


Gabriela Fernández: "Nos 80 Virxilio comezou a pintar as metrólopes, é a súa etapa máis descoñecida"

07/04/2025 14:35

A mostra celebra os 100 anos do nacemento de Virxilio e podemos visitala ata o 11 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense

A pintura de Virxilio caracterizouse por un fauvismo peculiar de paleta expresiva, con escenas da vida rural galega e tamén series máis urbanas

Nos 60 fixo unha curiosa serie de carteis para a daquela Xefatura Central de Tráfico, unha das primeiras campañas de seguridade

Etiquetas:  ZIGZAG

Fernando Agrasar: "Na Academia de Belas Artes fálase moi pouco do pasado, a vista está posta no futuro"

03/04/2025 14:45

'A Cidade das Artes' percorre a historia dos 175 da Academia Galega de Belas Artes a través de obras e documentos

Na mostra, centos de pezas antigas e contemporáneas que non están organizadas de xeito cronolóxico senón por seccións

'A cidade das Artes', ata o 26 de abril no Quiosco Alfonso, A Coruña

Etiquetas:  ZIGZAG

Iria Vázquez: "Reflexionamos sobre o ego na creación nunha mostra cun alto compoñente performativo"

03/04/2025 14:21

'Verse outra vez, ao revés tamén funciona, Creatividade, xogo e transformación social' é unha mostra do alumnado na sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

É un espazo de aprendizaxe e reflexión sobre o carácter performático da creación e a dimensión autobiográfica na  práctica artística feminista

As obras son de Patricia Álvarez, Uxía Bustbem, Celeste Garrido, Mónica Lago, Pablo Martínez, Candela Omil, Paula Romay, Miriam Rodríguez e Jimena Rodríguez

Etiquetas:  ZIGZAG

Achan no Convento de Santa Clara de Pontevedra unhas pinturas murais de hai case 500 anos

03/04/2025 11:13

A Deputación de Pontevedra destaca que son "únicas en Galicia" e confirma que conservará estes lenzos, xa que quere que se poidan visitar


Alberto Ovejero: "Quixen nesta mostra apropiarme do trauma"

02/04/2025 13:43

A 'Estrutura dun zumbido' de Alberto Ovejero no Museo-Fundación Granell ata o 4 de maio

A mostra abarca un proceso longo de reflexión sobre cuestións e temáticas que afectan a súa xeración, como son a diversidade sexual, o xénero ou a saúde mental

Ovejero afonda no surrealismo e o simbólico, entrelazando os límites da anatomía e a introspección emocional

Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade