Medio Ambiente

O outono será en Galicia máis cálido e seco do normal, segundo Aemet
17/09/2025 14:47
Confirman que a vaga de calor, que en Galicia durou do 3 ao 17 de agosto, foi a máis longa da serie histórica

Atopan lixo nos fondos submariños da praia de Arneles, en Aldán
17/09/2025 13:33
Confraría e a Plataforma Augas Limpas din que hai unha saturación de embarcacións, case 90 os días de verán

Controlado o incendio de Barreiros que calcinou unhas 140 hectáreas
17/09/2025 09:25
O estado dos brigadistas feridos, cinco mozos con idades comprendidas entre os 24 e 29 anos, todos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), ten segundo o último parte médico emitido este martes prognóstico grave

16/09/2025 12:37
Desde o aire traballan 7 helicópteros e tres avións. Sobre o terreo continúan 39 axentes, 56 brigadas, 47 motobombas e 4 escavadoras

O outono será cálido e pouco chuvioso, despois do verán máis caloroso en 64 anos
16/09/2025 10:55
Rubén Del campo, portavoz de Aemet, incidiu no prognóstico para a estación outonal: "Prevese un escenario dominado por temperaturas superiores ao habitual en todo o país, cunha probabilidade do 60-70 por cento na Península e Baleares e do 50 por cento nas Canarias"
En canto ás precipitacións, Del Campo precisa que os modelos sinalan que é "pouco probable" que o outono sexa especialmente chuvioso, sobre todo no oeste e centro peninsular, así como nas Canarias

O verán de 2025 foi o máis caloroso en España desde que hai rexistros
15/09/2025 22:52
A temperatura media na Península foi 2,1 graos superior á media de referencia
A ministra Sara Aagesen adiantou estes datos que compartirá a Aemet no seu balance climático do verán

A confraría de Cangas sementa o litoral con 16.000 crías de ourizo
15/09/2025 12:10
Repoboan a pe o banco de Massó, e con mergulladores o dos Castros
O plan piloto busca protexer un recurso cada vez máis escaso

15/09/2025 09:15
O parte do CHUAC sinala que todos eles sofren queimaduras de segundo grao, con prognóstico grave
O lume mantivo cortada este domingo a A-8 e a primeira hora deste luns a N-634, pero xa se circula con normalidade
Algúns veciños que abandonaran as casas por precaución puideron pasar xa a noite nelas

Feridos cinco bombeiros no incendio de Barreiros que obrigou a cortar a A-8
14/09/2025 19:24
Os brigadistas tiráronse ao río tras quedar atrapados polas lapas nun cambio brusco de vento
O tráfico na autovía xa está restablecido e o lume leva queimadas unhas 20 hectáreas

Un temporal de auga e vento azouta Cataluña, provocando inundacións e cortes de estradas
13/09/2025 20:18
As chuvias tamén van afectar nas próximas horas á Comunidade Valenciana