Ciencia e Tecnoloxía

Nace o Consello Galego de Intelixencia Artificial, un órgano asesor para impulsar a IA en Galicia
25/04/2025 12:09
O obxectivo, segundo o conselleiro de Facenda, é axudar a Administración a aplicar a intelixencia artificial con "eficacia e seguridade"
Corgos anima os seus integrantes a achegar melloras na planificación, xestión e avaliación das políticas públicas

Nove drons en voo simultáneo poñen a proba a tecnoloxía coa que se regulará o seu tráfico comercial
23/04/2025 15:04
Un dos aparatos levou ferramenta do porto da Coruña ata o de Malpica en 12 minutos
O centro tecnolóxico ITG asegura que a súa tecnoloxía permitirá operar centos de drons na Coruña e Ferrol en 2026

A Comisión Europea multa a Apple con 500 millóns de euros e a Meta, con 200
23/04/2025 12:13
"As decisións de hoxe transmiten unha mensaxe contundente e clara", dixo a vicepresidenta para a Teresa Ribera, e é que a lei "protexe os consumidores europeos e establece igualdade de condicións"
Apple e Meta teñen agora 60 días para cumprir coas esixencias da Comisión ou, pola contra, enfrontaranse a multas diarias

Un robot rozador ou ovellas con aversión: estudan a mellor opción para limpar vides e oliveiras
22/04/2025 15:01
A Misión Biolóxica de Galicia colabora cos produtores de Quiroga no proxecto Agri-Rovenat
A aversión das ovellas lógrase dándolles follas do cultivo cun preparado químico

17/04/2025 13:31
Trátase dun estudo de expertos da Universidade de Cambridge, que avaliaron a información obtida polo Telescopio Espacial James Webb, que observa o exoplaneta K2-18b, situado a 124 anos luz da Terra, unha distancia que necesitaría 187.000 anos para chegar ata alí nunha nave espacial

12/04/2025 14:47
Hai case dez anos dous garda civís viron a necesidade de cambiar o xeito de sinalizar as emerxencias nas estradas porque a cifra duns douscentos condutores ou acompañantes falecidos ao ano cando colocaban os triángulos avalaban esta nova necesidade.
A V-16, o nome técnico da baliza, só estará homologada se ten conectividade, un dato que segundo un estudo encargado por Netun Solutions só coñece o 12% da poboación.

11/04/2025 09:50
O conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, di que Galicia apostará pola I+D+i "para non perder o tren do futuro"
Destaca o "esforzo loxístico" das oposicións en Educación, que permtirán unha renovación moi positiva dentro da estabilidade para o sistema educativo galego
Rodríguez cre que o novo sistema de acceso á universidade, a PAU, debe ser "máis xusto e realista, evitando desigualdades" entre as comunidades

As app para consultar a radiación ultravioleta están de moda, sobre todo entre a mocidade
08/04/2025 15:58
SunSmart Gloval UV, UVLens, UVIMate e UV-INDEKS son algunhas das máis consultadas, ademais das webs de meteoroloxía

A nave tripulada rusa Soyuz axústase con éxito á Estación Espacial Internacional
08/04/2025 11:48
A Soyuz chegou á EEI 3 horas e 11 minutos despois de ser lanzada desde Kazakistán e está previsto que regrese o 9 de decembro
A manobra de enganche foi presenciada por 2.500 persoas e transmitida en directo por televisión

07/04/2025 15:01
Os viandantes que camiñan mirando o móbil teñen maior risco de atropelos
Algunhas cidades toman medidas advertindo dos cruces con luces no chan

ChatGPT colapsa coas súas fotos animadas
04/04/2025 14:51
As redes sociais están ateigadas de fotos ao estilo do estudio de animación xaponés Ghibli
Open IA, a creadora do ChatGPT anuncia rextriccións no uso da ferramenta na súa versión de balde

A Xunta lanza a marca I+G+I para visibilizar a ciencia feita en Galicia
02/04/2025 14:41
Alfonso Rueda anuncia tres novas convocatorias de 10 millóns para proxectos tecnolóxicos

O novo DNI dixital para levar no móbil, dispoñible a partir deste mércores
01/04/2025 10:52
O novo documento servirá para identificarse en todo o territorio español e facer todo tipo de trámites presenciais, incluída a sinatura de documentos ante notario ou acudir votar
Polo momento non será válido para viaxar nin para facer trámites de tipo telemático, pero o Executivo agarda que en 2026 teña total operatividade como sinatura electrónica ou autenticación en liña

Os veciños de tres lugares de Foz están fartos de vivir incomunicados
30/03/2025 20:50
Os lugares de Teixeira, Trasmonte e Fontao, en Foz, carecen de cobertura de móbil e o fixo apenas lles funciona dende que cambiaron a liña polo satélite

O hidróxeno verde integrarase na formación profesional en Galicia
29/03/2025 14:42
Será previsiblemente no curso vindeiro da FP
Hai uns días a Xunta e a Asociación Galega do Hidróxeno asinaban un convenio para deseñar formación especializada que dea resposta ás necesidades das empresas neste ámbito
Este acordo terá catro anos de duración e tamén contempla a formación específica para o profesorado

As innovacións da FP, ata o venres na Cidade da Cultura
26/03/2025 14:39
Dez mil alumnos da toda Galicia pasarán polo Congreso FP Innova, que reúne traballos de I+D de todas as molidades de FP

15/03/2025 14:20
Cinco rapaces dos Escolapios de Monforte quedan primeiros nunha liga da Garda Civil

Unha empresa compostelá probará en humanos unha terapia para previr a gripe
22/03/2025 21:19
A empresa Smart Vitamins leva estudando a mesma terapia en roedores cunha eficacia dun 100 % nos ensaios
O estudo en humanos, cun spray nasal, realizarase no Reino Unido e comezará a finais deste ano ou a inicios de 2026
Contan cun investimento privado de algo máis de 2 millóns de euros

Amaran en Florida os astronautas que quedaron atrapados no espazo durante nove meses
18/03/2025 23:03
A aterraxe da cápsula Dragon, de SpaceX, en augas de Florida produciuse ás 22:57 horas, como estaba previsto
Xunto a Sunita Williams e Butch Wilmore, que pasaron nove meses na ISS polos problemas técnicos da súa nave, viaxan tamén Nick Hague e o ruso Aleksandr Gorbunov

Operan con cirurxía robótica un bebé de 10 meses, o máis pequeno de España ata o de agora
18/03/2025 09:32
O uso desta técnica na Sección de Uroloxía Infantil do Servizo de Cirurxía Pediátrica logrou corrixir esta malformación de maneira definitiva, reducir en gran medida o risco de dano renal, diminuír as infeccións urinarias de repetición e mellorar a calidade de vida do paciente

A sonda Dragon, que rescatará os dous astronautas varados, axústase á EEI
16/03/2025 08:15
Os dous cosmonautas foran por unha semana e levan na estación internacional máis de nove meses
Está previsto que regrese á Terra nunha amaraxe fronte á costa estadounidense, non antes do vindeiro mércores

Uns investigadores da UVigo desenvolven un sensor para eliminar antibióticos do mar
15/03/2025 16:35
A resistencia aos antibióticos é unha das dez ameazas principais da humanidade, segundo a Organización Mundial da Saúde
O proxecto do Centro de Investigación en Nanotecnoloxía permitirá eliminar a presenza destes fármacos da auga mariña

Carmeliña, Maruxiña e Carapucho para facer un aceite 100 % galego
14/03/2025 14:24
As tres variedades de oliveira autóctona recuperadas polo CSIC xa se poden vender e plantar
Os investigadores están a multiplicalas para que cheguen aos viveiros a finais deste ano

A Xunta incoporará os datos dos vehículos conectados á estratexia de dixitalización da rede viaria
14/03/2025 15:05
A práctica totalidade da rede viaria galega xa ten o que se denomina un xemelgo dixital que inclúe toda a información xurídica das nosas estradas
Con este proceso de dixitalización perséguese a mellora na planificación e danse pasos cara ao vehículo autónomo.

Adictos ás notificacións do móbil
14/03/2025 15:18
Consultámolas unhas 58 veces cada hora antes de deitarnos, e isto afecta á calidade do sono
.png)
Unha lúa de sangue tingue por instantes de cor cobreada o ceo
14/03/2025 08:14
En Galicia puideron presenciarse as primeiras fases da eclipse lunar total, un fenómeno no que a Terra se interpón entre o Sol e a Lúa chea e bloquea a luz solar directa
O ano que vén, en 2026, espérase que haxa outra eclipse total, pero neste caso será solar e poderase contemplar mellor desde Europa

Fernando Calvet, científico galego do ano
13/03/2025 15:00
A Real Academia Galega das Ciencias destaca o seu perfil modernizador na universidade e o impulso innovador que lle deu desde Zeltia á industria química galega

11/02/2022 14:35
No Día da Muller na Ciencia, a catedrática loa a Katalin kalikov, a nai da tecnoloxía que fixo posibles as vacinas contra a covid.
Salienta Estévez que as academias son institucións moi antigas e con escasa presenza feminina, que isto mude depende de toda a sociedade.

11/02/2022 08:51
Mantéñense varias campañas para amosar as achegas das mulleres á ciencia e ao progreso da sociedade

O Goberno aprobará este venres venres a nova Lei de ciencia
15/02/2022 10:56
Carlos Espuch, investigador do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur: "A nova lei non vai cambiar nada; a xente que entra non ten onde estabilizarse"

Os premios de investigación Stephen Howking estimulan a curiosidade e saber dos mozos
18/02/2022 14:08
48 estudantes galegos optan ao Stephen Howking
Ángel Carracedo é o coordinador do certame e presidente do xurado

Un videoxogo creado en Galicia permite detectar unha posible deterioración cognitiva
12/03/2025 20:15
Os investigadores da Universidade de Vigo recibiron o apoio de Samsung para desenvolver unha aplicación gratuíta
Está deseñado para persoas maiores de 55 anos e pode descargarse de xeito gratuíto en calquera tableta Android

A Xunta propón a Ángel Carracedo como candidato aos Premios Princesa de Asturias 2022
05/03/2022 14:49
Xunto a Carracedo, a Xunta tamén propón o doutor británico Alec Jeffreys
Sería na categoría de Investigación Científica e Técnica

"As respostas están na ciencia", acto contra a desinformación
05/03/2022 14:40
Evento celebrado en Compostela para reivindicar a investigación científica fronte ás novas falsas
Participaron colexios profesionais sanitarios de Galicia e facultades de ciencias sanitarias da nosa comunidade

08/03/2022 13:21
A brecha salarial entre homes e mulleres segue rozando o 20 %, uns 5.000 euros anuais de diferenza
A supervivencia dos estereotipos de xénero, a división desigual das tarefas domésticas ou a orientación profesional diferenciada dificultan a igualdade

Primeira misión tripulada privada á Estación Espacial Internacional
08/04/2022 18:01
O comandante é o astronauta Miguel López-Alegría, nado en España
Os tres tripulantes pagaron 50 millóns de euros pola viaxe de dez días

Alumnos de oito institutos galegos compiten en Rozas por construír o mellor minisatélite
28/04/2022 14:26
O reto: incluír todos os sistemas de comunicación dentro dunha lata de refresco

A XV Feira Matemática anima os rapaces a aprender ciencia xogando
30/04/2022 21:44
O encontro regresa ao Palexco despois de dous anos de ausencia

O Día da Ciencia na Rúa recunca no parque coruñés de Santa Margarida
07/05/2022 14:51
Unha trintena de centros escolares presentan os seus proxectos científicos