div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

'Casamos!' volve este luns á TVG coa voda de Silvia e Jose, unha viguesa e un malagueño

Despois de meses de relación a distancia, o seu casamento será unha celebración con amigos, moitas sorpresas e algunha ausencia importante

crtvg.gal 15/07/2024 02:00

Santiago, 15.07.2024.-     Esta noite volve á TVG ‘Casamos!’ (22:50 h), o popular espazo dos medios públicos sobre historias reais de amor que acaban en voda e en que as cámaras recollen todos os preparativos da cerimonia.

Nesta ocasión, os espectadores coñecerán a Silvia e Jose, que comezaron a falar a distancia por redes sociais, xa que ela é de Vigo e el, de Málaga. Ela decidiu dar o paso e baixar a Málaga a velo, onde conectaron e se deron o seu primeiro bico.

Despois de meses de relación a distancia, el mudouse a Galicia e ao pouco xa lle pediu para casar. A súa voda será unha celebración con amigos, moitas sorpresas e algunha ausencia importante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade