div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

'Galicia bonita' proxecta en Culleredo o remate dunha pequena vivenda a medio arranxar

O propietario, fotógrafo e piloto de drons, promete darlle ao equipo do programa unha semana do máis entretida 

crtvg.gal 15/10/2024 00:01

Santiago, 15.10.2024.-    A arquitecta Rosa Facal e o equipo de profesionais de ‘Galicia bonita’ (22:35 h) diríxense este martes a Culleredo, preto do aeroporto de Alvedro, onde Pepe dispón dunha pequena vivenda a medio arranxar. Unha casa de bloque, cun peche feo, un tellado de fibrocemento e unha pequena leira sen organizar, son, entre outras, algunhas das características da propiedade.

Pepe é un home de cidade que lle deu un cambio á súa vida ao apostar por esta propiedade e polo rural. O seu pasado como fotógrafo e piloto de drons promete unha semana entretida en Culleredo. Rosa, os seus axudantes e os técnicos audiovisuais terán que sufrir un operador de cámara máis. 

‘Galicia bonita’, sempre á procura de casas en mal estado de conservación, buscará rematar ou rehabilitar a vivenda, en tan só cinco días e mantendo sempre un respecto pola contorna natural, empregando materiais autóctonos e recuperando elementos inspirados na arquitectura tradicional galega.  
 
Ao remate da reforma da vivenda de Culleredo, a TVG ofrecerá unha segunda entrega de ‘Galicia bonita’, en que Rosa Facal e o seu equipo se achegarán a Noia, onde se atoparán cun auténtico cascalleiro na leira de Pastora e Benigno. Os propietarios, cunhas reparacións moi cuestionables, feitas no tempo na súa vivenda, amenizarán a semana dos traballadores con todo tipo de cancións populares deixando de lado a colaboración necesaria para levar a cabo as tarefas de recuperación.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade