div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A serie británica de ciencia ficción 'The feed' chega este mércores á plataforma AGalega.gal

Esta ficción de suspense foi producida e dirixida polos autores de ‘Black Mirror’ e ‘The Walking Dead’

Ademais, a canle dixital da CRTVG estrea este venres ‘Saliut, heroes do espazo’, unha película sobre a fazaña dos tripulantes da expedición soviética

A oferta amplíase cun novo capítulo de ‘Raíña-me’, esta semana coa colaboración da banda galega Amoebo

crtvg.gal 03/07/2024 09:00

Santiago, 03.07.2024.-    A plataforma AGalega.gal suma esta semana novos contidos, entre os que se atopa ‘The Feed’, unha produción británica ambientada nun futuro próximo. A serie conta a historia dunha familia que crea un implante cerebral usado para manter conectada a sociedade e gardar recordos, pero todo cambia cando a vida da xente comeza a estar en perigo. Esta ficción de suspense foi producida e dirixida polos autores de ‘Black Mirror’ e ‘The Walking Dead’. A temporada enteira estará dispoñible a partir de hoxe mércores.

E este venres 5 de xullo estréase ‘Saliut, heroes do espazo’, unha película baseada en feitos reais sobre a fazaña dos cosmonautas soviéticos no seu intento por salvar a estación espacial Saliut 7. O filme está protagonizado por Lyubov Aksyonova, Vitaliy Khaev, Pavel Derevyanko e Oksana Fandera, entre outros, e en 2017 foi candidato a mellor película no Festival de Sitges e nos Golden Eagle Awards.

Ademais, segue medrando a oferta de producións galegas en Agalega.gal: o xoves 4 de xullo publícase un novo capítulo de ‘Raíña-me’, a serie de entrevistas e retos para ver quen pode ser a nova raíña do drag. Esta semana o convidado será o grupo galego de música urbana Amoebo.

Os medios públicos lanzaron en xaneiro a nova plataforma dixital AGalega, desde onde se emiten os directos correspondentes ás dúas canles, TVG e G2, así como máis de 13.000 contidos audiovisuais de forma gratuíta e en galego, no que é a maior oferta de contido na nosa lingua. Desde o 17 de xaneiro, preto de 750.000 persoas accederon ao conxunto de plataformas da CRTVG en 4,4 millóns de sesións, converténdoas na referencia dos contidos audiovisuais non só á carta, senón tamén de directo, xa que AGalega.gal tamén integra os sinais de TVG e a G2 na súa oferta, elemento este diferencial con respecto a outras plataformas, o que fai que a televisión lineal ampliara desde xaneiro o seu alcance máis aló do tradicional consumo a través do aparello de televisión.

Tanto AGalega como as app AGalegaAudio e Xabarín son gratuítas e están á disposición da audiencia desde calquera parte do planeta, a demanda, e cun abano de títulos que abarca desde as series e programas míticos da TVG ata espazos nativos dixitais desenvolvidos exclusivamente para a plataforma. Actualmente, á AGalega AGalegaAudio e a Xabarín pode accederse vía web e tamén poden descargarse desde Google Play e Apple Store, Chromecast e nas principais televisións intelixentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade