div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG achega o especial 'Os Satélites e amigos', coas estrelas da verbena galega e as cancións das súas vidas

Presentado por Alba Mancebo e Arturo Fernández, conta, entre outras, coas actuacións de Blas Piñón, Mario Álvarez, Tania Veiras e Alejandra Pais

crtvg.gal 21/12/2024 02:00

Santiago, 21.12.2024.-   A TVG ofrece esta noite, ás 22:55 h, un especial centrado na orquestra Los Satélites, que contará tamén coa presenza doutras estrelas da verbena galega. Alba Mancebo e Arturo Fernández presentarán este programa, en que os artistas convidados interpretarán as cancións das súas vidas e tamén lembrarán os momentos musicais máis felices doutras celebracións de Nadal.

En ‘Os Satélites e amigos’, os espectadores gozarán das intervencións de Blas Piñón, da orquestra París de Noia; Irene Iglesias, Mario Álvarez e Fátima Pego, da Panorama; César Romero, da Cinema; Paco Lodeiro, o presentador de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios'; Alejandra Pais, gañadora da primeira edición deste concurso e vocalista de Fania Blanco Show, e a cantante e presentadora da TVG, Tania Veiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade