div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Cobertura especial do Día do Carme na TVG, que retransmitirá a Entrega de Despachos na Escola Naval Militar de Marín, coa presenza dos reis e a princesa de Asturias

A través da G2 e AGalega.gal, o programa ‘Chegou o día’ ofrecerá en directo as celebracións en Camariñas e conectará tamén coas localidades de Foz e Cariño

crtvg.gal 15/07/2024 18:00

Santiago 15.07.2024.-   A Televisión de Galicia porá hoxe o seu foco nos festexos e actos institucionais arredor do día do Carme que se realizarán por toda a xeografía galega. A programación especial comezará este 16 xullo ás 11:45 h cun avance en que os espectadores que poderán ver os momentos previos á saída das procesións de Camariñas, Cariño e Foz, tres das localidades galegas con maior tradición desta festividade.

Ás 12:00 h, a primeira canle da TVG retransmitirá a xura de bandeira e a entrega dos Reais Despachos na Escola Naval Militar de Marín da man dos reis de España, Felipe VI e Letizia, e da princesa Leonor, que visitará por primeira vez o centro en que continuará a súa formación durante o próximo curso militar. O programa estará acompañado polos comentarios do xornalista Jesús Fontenla e de Rosanna López Salgueiro, politóloga e reservista voluntaria da Armada española.

A partir das 12:45 h, a G2 e AGalega.gal ofrecerán o programa especial ‘Chegou o día’, que se trasladará a Camariñas, da man de Laura Vaqueiro, para transmitir a finalización da misa e o inicio da procesión marítima na honra da Virxe do Carme. A audiencia poderá ver a subida da imaxe da ‘raíña dos mares’ da man de centos de persoas e ducias de barcos, desde os que se fará a retransmisión. O programa contará coa presenza e o testemuño dos veciños e veciñas desta localidade coruñesa.

Ademais, os reporteiros Josefina Torres e Pepe Capelán achegaranse a Foz e a Cariño, respectivamente. En ambas as dúas vilas, os espectadores asistirán á devoción pola Virxe do Carme, tanto coas alfombras florais como coas ofrendas aos mariñeiros e carpinteiros de ribeira. Tamén poderán verse dúas reportaxes centradas nas responsables de crear as inmensas alfombras florais que enchen as rúas de cor e a experiencia de catro mariñeiros xubilados que fixeron de porteadores.

Este programa especial poderase ver pola noite a través da primeira canle, despois do ‘Vaia Troula-Alfombra G’, que tamén estará centrado nas celebracións do día do Carme. O espazo presentado por Noelia Rey estará en Camariñas, Cariño, Corcubión e Aguiño para percorrer algunhas das procesións máis grandes e importantes na honra da patroa dos mariñeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade