div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Fútbol de Primeira e Segunda Federación e da Liga F feminina, esta fin de semana nos medios públicos galegos

Os espectadores da G2 e os usuarios de AGalega.gal poderán ver o sábado os partidos Bergantiños-Compostela e Celta Fortuna-Ourense C. F.

Deportivo Abanca-Real Sociedade, Barcelona B-C. D. Lugo e Coruxo-Pontevedra serán as retransmisións do domingo

crtvg.gal 08/11/2024 17:07

Santiago, 08.11.2024.-    Os medios públicos galegos ofrecen esta fin de semana un monográfico de fútbol de Primeira e Segunda Federación, cos partidos máis destacados dos equipos galegos. Tamén será protagonista o fútbol feminino da Liga F.

A primeira retransmisión da G2 e da plataforma AGalega.gal será o sábado ás 17:00 h, cando comezará nas Eiroas o derbi rexional Bergantiños C. F.-S. D. Compostela, correspondente á 11ª xornada do Grupo I de 2ª RFEF. Os anfitrións, asentados no playoff a pesar da súa última derrota, recibe no seu feudo un Compos que semella espertar do letargo e quere seguir escalando postos na clasificación.

A continuación, ás 19:30 h, os espectadores poderán ver outro derbi galego, o encontro da 12ª xornada do Grupo I de Primeira Federación que disputarán o Celta Fortuna e o Ourense C. F., un importante duelo para ambos os dous equipos, que se atopan nunha situación complicada e teñen a necesidade de sumar tres puntos que lles permitan coller aire na zona vermella da táboa. Os vigueses chegan a esta xornada tras 15 días sen competir, ao verse aprazado a semana pasada o seu partido ante no Nàstic de Tarragona no Nou Estadi a causa da DINA.

O domingo deportivo comezará na segunda canle da TVG e na plataforma dixital con fútbol feminino, co partido Deportivo Abanca-Real Sociedade (12:00 h). O conxunto galego tampouco puido disputar a pasada xornada ao aprazarse o seu duelo contra o Valencia. Pola súa parte, as donostiarras empataron a 2 na casa contra o Madrid C. F. F.

Pola tarde ofrecerase en directo, a partir das 17:00 h, a visita do C. D. Lugo ao Miniestadi para enfrontarse ao Barcelona B, un dos equipos máis novos da categoría de Primeira Federación.

E, para rematar a fin de semana, os medios públicos retransmitirán ás 19:00 h o encontro de Segunda RFEF entre o Coruxo F. C. e o Pontevedra C. F. O conxunto granate visita un equipo que non atravesa o seu mellor momento da temporada e que non gaña como local desde a terceira xornada da competición. Pola súa parte, o cadro pontevedrés segue reivindicándose a domicilio despois de tres vitorias consecutivas lonxe do seu feudo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade