O cómico Joaquín Pajarón pon a proba no 'Land Rober Tunai Show' o seu enxeñoso sentido do humor - CRTVG
O cómico Joaquín Pajarón pon a proba no 'Land Rober Tunai Show' o seu enxeñoso sentido do humor
Este xoves tamén serán protagonistas, a carismática familia de mariscadores e o público do show, que intervirá nunha nova edición do xogo ‘A quen te pareces?’
Santiago, 7.11.2024.- Este xoves á noite é tempo na Televisión de Galicia para o humor con maiúsculas, xa que aos divertidos momentos que capitanea Roberto Vilar, xunto a Eva Iglesias, Roi Méndez e José Baño, hoxe sumarase para pintar a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ (21:45 h) o cómico asturiano Joaquín Pajarón. E o equipo do programa ten previsto poñelo a proba co público galego.
Na ficción, volve ao ‘Land Rober Tunai Show’ a ‘Familia de mariscadores’ máis carismática. Desta volta algo inesperado vai pasar con Josiño… Os espectadores sorprenderanse cunha entrega do máis dramática.
Tamén regresa esta semana o ocorrente xogo ‘A quen te pareces?’, que se desenvolve coa participación do público do programa. Nesta nova entrega, a que famosos se pareceran?