Consello de Administración - CRTVG
Consello de Administración
Está composto por seis membros elixidos polo Parlamento de Galicia, entre persoas con experiencia profesional e acreditado prestixio. Teñen dedicación exclusiva e a súa misión céntrase na administración e o control da Corporación RTVG. Ao Consello de Administración correspóndelle, entre outras cousas, aprobar a organización básica da Corporación, as directrices básicas en materia de persoal, o plan anual de actividades, a memoria anual, os anteproxectos de orzamentos e os plans de programación, así como vixiar o cumprimento da misión de servizo público encomendada polo Mandato Marco e o Contrato Programa. Tamén lle corresponde establecer os criterios reitores da dirección editorial da Corporación RTVG.
Na actualidade, o Consello de Administración está integrado por: