Ana Isabel Peón Piñeiro - CRTVG
Ana Isabel Peón Piñeiro
Datos Titulación académica
- Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid (1990).
Traxectoria profesional
- Redactora en prácticas no xornal “El Progreso” de Lugo (xullo/ outubro 1985, 1986 e 1987).
- Redactora Axencia Galega de Noticias (1987).
- Xefa de redacción de “Diario de Galicia” en Lugo (1988/89).
- Correspondente Diario “El País” en Lugo (1989).
- Colaboradora RNE (1989).
- Redactora de información política en “El Correo Gallego” en Santiago (nov.1989/2001). Colaboradora en Radio Obradoiro.
- Conselleira Técnica de Información do Ministerio da Presidencia (2001/2002).
- Conselleira Técnica de Información do Ministerio de Sanidade (2002).
- Asesora de Comunicación da Presidencia do Senado (2002/2004).
- Asesora do Vicepresidente segundo da Xunta e Conselleiro de Medio Ambiente (2005).
- Membro do Consello de Administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia desde novembro de 2005. Reelixida en 2009.
- Membro do Consello de Administración da Corporación RTVG desde o 1 - 1-2016.
Outros datos
- Premio Galicia de Comunicación 1988 por traballos publicados en “Diario de Galicia”.
- Como Conselleira Técnica de Información de Presidencia formou parte do equipo organizador da Asamblea Mundial de Nacións Unidas sobre Envellecemento, celebrada en Madrid en 2002.
- Participante como xornalista en tertulias e debates en medios diversos, como colaboradora habitual en Popular TV Galicia, Correo TV e Esradio Galicia, ou de xeito puntual noutros, como Santiago TV ou a Cadena Ser.
- Membro da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) e da Asociación de Periodistas de Galicia.
- Participou en numerosos cursos e seminarios sobre medios de comunicación e en particular sobre televisión, como o da “CNN World Report Conference” en Atlanta e Nova York.
Réxime de incompatibilidades. Ana Isabel Peón Piñeiro non está incursa en ningunha das incompatibilidades establecidas no marco normativo que lle é aplicable.