Navigation Menu

Logo de CRTVG

PORTAL DE TRANSPARENCIA

Camiño de navegación

María Carmen Vidal Lage - Contenido

Fotografía de María Carmen Vidal Lage

María Carmen Vidal Lage

Titulación académica​​​​​​​

  • Licenciada en Ciencias da Comunicación (Xornalismo) pola Universidade de Santiago de Compostela (primeira promoción).
  • Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Sección Filosofía) pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Bolsa de investigación na Universidade Nova de Lisboa do Ministerio de Asuntos Exteriores e do Ministério de Negócios Estrangeiros de Portugal para o proxecto Europeísmo e heterodoxia na obra de Eduardo Lourenço (1992).
  • Programa de Doutoramento do programa O conflito das racionalidades (1989 - 1991, Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela).
  • Investigadora no proxecto Europa en Galicia: pensamento esóxeno e pensamento autóctono. Séculos XIX-XX (dirixido polo profesor Xosé Luís Barreiro Barreiro).
  • Curso de posgrao Muller, traballo e sociedade do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) e da USC.

Traxectoria profesional

  • Membro do equipo inicial do xornal O Correo Galego, o primeiro diario en galego (1994). Colaboradora nos seus suplementos Revista das Letras e Os Chineses.
  • Redactora de A Nosa Terra dende 1996 e responsable da área de cultura entre 1999 e 2004.
  • Gabinete da Tenencia da Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela (2004 - 2005).
  • Asesora da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (2005 - 2009).
  • Deseño, desenvolvemento e comunicación de proxectos na empresa Trivium Estratexias en Cultura e Turismo, S.L. (2009 - 2010).
  • Redactora xefa de Sermos Galiza dende a súa creación (2012) ata 2015.
  • Xefa de Prensa da Vicepresidencia da Deputación Provincial da Coruña (2015 ata o 20 de xullo de 2021).
  • Membro do Consello de Administración da Corporación RTVG dende o 21 de xullo de 2021.

Outros datos

  • Comunicación En torno á sociedade da comunicación (XI Semana Galega de Filosofía, Pontevedra, 1998).
  • Membro do comité organizador do congreso O exilio galego de 1936-1975 (Concello de Pontevedra e Universidade de Vigo, 25 ao 27 de xaneiro de 2001).
  • Membro da comisión organizadora da exposición Saúde e terra, irmá(n)s! (Real Academia Galega, Museo do Pobo Galego e Deputación Provincial da Coruña, 2016).

Publicacións

  • As mulleres que escriben para recuperar a memoria (O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo, Deputación Provincial de Pontevedra, 2021).
  • As irmás de A Nosa Terra. O voceiro das Irmandades acolle o alborexar das primeiras mulleres do xornalismo (No tempo das Irmandades; fala, escrita e prelos, Real Academia Galega, 2017).
  • Creadores na construción doutro mapa artístico da cidade (Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra, Concello de Pontevedra, 2015).
  • Mª Luz Morales, a grande dama do xornalismo (VVAA xornalistas con opinión. Escolma de textos, Consello da Cultura Galega e Editorial Galaxia, S.A., 2007).
  • Vidal, C. e Barro, D. Voces de atlántica (libro de entrevistas, Editorial Galaxia, S.A., 2005).
  • A tinta vermella de Mercedes Núñez (introdución biográfica en Mercedes Núñez. Cárcere de Ventas, serie Mulleres, A Nosa Terra, 2005).
  • Cultura galega nos medios: o mundo das exclusivas (Terra e tempo núm. 16, Poder e medios de comunicación, xaneiro-abril 2001).
  • Os diarios da muller do cadro (introdución biográfica en Syra Alonso. Diarios, serie Mulleres, A Nosa Terra, 2000).
  • Maruxa Mallo (serie Mulleres, A Nosa Terra, 1999).
  • En El Noroeste. Unha lición de xornalismo na prensa de partido (Roberto Blanco Torres. O combate incesante, A Nosa Cultura 20, A Nosa Terra, 1999).
  • Voces, Mª Luz Morales, unha das primeiras mulleres que dirixen un medio de comunicación; Syra Alonso, unha das máis extraordinarias cronistas da represión franquista; Pepa Noia, unha das catorce fundadoras de Nais da Praza de Maio e Mercedes Núñez, militante comunista e sobrevivente de encerramentos fascistas (http://consellodacultura.gal/album-de -galicia/).
  • O xornalismo de Tereixa Navaza, un oficio de vivir (culturagalega.org).
  • Colaboradora no documental Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra, de Margarita Ledo Andión (Nós, Produtora Cinematográfica Galega, S.L. e Asociación Socio-Pedagóxica Galega) e do texto incluído M.L. tras as imaxes de M.M.



Réxime de incompatibilidades.  María Carmen Vidal Lage non está incursa en ningunha das incompatibilidades establecidas no marco normativo que lle é aplicable.