Menu Display

Logo de CSAG

PORTAL DE TRANSPARENCIA

Camiño de navegación

Definición estratéxica - Contenido

Definición estratéxica

A modo de definición estratéxica, reprodúcese o artigo 4 da Lei 1/2025 de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, no que se recolle a misión da CSAG.

TÍTULO II
Misión e principios do servizo público de comunicación audiovisual da Comunidade Autónoma de Galicia

CAPÍTULO I
Misión do servizo público de comunicación audiovisual da Comunidade Autónoma de Galicia

Artigo 4. Misión
1. O servizo público de comunicación audiovisual da Comunidade Autónoma de Galicia ten como misión:

a) Promover, difundir e impulsar a lingua galega e dar a coñecer a identidade cultural e lingüística de Galicia. Terá en conta, dentro deste punto, a comunidade galega emigrante.
b) Difundir programas, contidos e servizos que fomenten os principios e os valores constitucionais e estatutarios; en especial, o principio de igualdade, con particular atención á igualdade entre mulleres e homes, a liberdade de información e a liberdade de expresión, para contribuír á formación dunha opinión pública plural.
c) Reflectir nos seus programas, contidos e servizos o pluralismo político, social e cultural da sociedade galega.
d) Promover o acceso da sociedade galega ao coñecemento cultural, científico, histórico e artístico, así como satisfacer as súas necesidades informativas, culturais, educativas e de entretemento con contidos de calidade, ademais de con programas especialmente
dirixidos á infancia e á xuventude e mais á alfabetización mediática e dixital da cidadanía.
e) Promover o incremento e a divulgación do arquivo da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia como exemplo de compendio da cultura contemporánea galega.

2. Os medios públicos de comunicación audiovisual de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia non poden dedicar servizos a emitir en exclusiva comunicacións comerciais audiovisuais.