Navigation Menu

Logo de CRTVG

PORTAL DE TRANSPARENCIA

Camiño de navegación

Preguntas frecuentes - Contenido

Preguntas frecuentes

Como podo facer para asistir a Luar?

Pode facelo a través do Servizo de Relacións Públicas da Televisión de Galicia. Tan só ten que chamar ao número 981 540 642 ou escribir ao mail rrpp@crtvg.gal

Cales son as condicións para o envío de material á CRTVG?

Podes consultar as condicións legais premendo aquí.

Onde envío as miñas fotos para O Tempo?

O enderezo para enviar as fotos do tempo é otempo@crtvg.gal. Podes consultar as condicións

Onde podo comentar os contidos desta web ou da TVG e da Radio Galega?

Esta web ofrece a posibilidade de rexistrarse e comentar as noticias e programas, tras a supervisión polo moderador. Ademais tamén inclúe o rexistro a través de Facebook.

Por outra parte, a través dos perfís sociais de Facebook da Televisión de GaliciaFacebook da Radio GalegaTwitter da Televisión de Galicia e Twitter da Radio Galega os usuarios adoitan deixar os seus comentarios.

Como podo facerlles chegar a miña idea de programa de televisión?

A CRTVG segue un procedemento especial para a presentación de proxectos audiovisuais de interese para a canle pública galega. A este procedemento e ficha de inscrición pódese acceder a través do portal de transparencia, na sección de contratos-e-convenios/contidos-audiovisuais.

[descargar pdf]

Como podo enviarlles o meu curriculum?

Na CRTVG non se reciben currículums xa que a provisión de postos de traballo se fai por oferta pública. A información pódese consultar en: https://crtvg.gal/gl/procesos-de-selección-persoal-en-prácticas-e-ampliación-listaxes-de-contratación

Que hai que facer para apuntarse ao Xabarín Club?

Tan só é preciso cumprimentar unha serie de datos persoais e subir unha fotografía do neno/a, desde o apartado Afíliate da sección Infantil presente na web da CRTVG. Tamén se pode solicitar ser socio vía correo ordinario, descargando e cumprimentando o formulario do pdf deste enlace e envialo, xunto cunha foto e a autorización dos pais ou titores, ao apartado de correos 874.

Como podo sintonizar a TVG fóra de Galicia?

 

En España:
  • Se vostede é abonado a Movistar+ pode sintonizar TVG na canle 151. 
  • Se vostede é abonado a Ono-Vodafone, pode sintonizar TVG na canle 901. 
  • Se vostede é abonado de Orange, pode sintonizar TVG HD no dial 7. 
  • Euskadi: se é abonado de Euskaltel atopará TVG no seu paquete básico, 987
  • Asturias: se é abonado de Telecable pode atopar TVG no seu paquete básico, 151
  • Se vostede ten unha parábola orientada ao satélite Astra e un receptor para canles en aberto, pode consultar as frecuencias en hd.crtvg.gal.

 

En Europa:

 

  • Portugal: se vostede é abonado Vodafone, Nowo, Meo e Nos Comunicaçoes (fusión de Zoom T e Cabovisao), poderá atopar nos seus paquetes básicos o sinal de TVG.
  • En Suiza: Telegeneve en Xenebra, e Cablecom-Digicom en Zurich. Thema TV.
  • En Francia: Thema TV e NC Numericable.
  • Se vostede ten unha parábola orientada ao satélite Astra e un receptor para canles en aberto, pode consultar as frecuencias en hd.crtvg.gal.

 

En América:

  • En Arxentina e Uruguai: Cablevisión, Equital, Teledifusora San Miguel Arcángel, Ver TV, Red Intercable, Telemás, Motecablevideo, Tractoral, Riselco, Cable Plus, Teledifusora e Paralelo 52 TV.
  • En México: a través da plataforma Sky e de Cablevisión.
  • En Panamá: distribúese TVG a través de Cable Onda, Cable Onda Wireless e Sky Panamá.
  • En Centroamérica: a través de Sky chega a Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e República Dominicana.
  • Se vostede ten unha parábola orientada ao satélite Hispasat e un receptor para canles en aberto, pode sintonizar na frecuencia 12.052 Mhz Vertical.

En calquera sitio:

Pode acceder ás emisións en directo de TVG e G2 a través da nosa web: https://agalega.gal

Por outro lado, pode acceder desde todos os dispositivos móbiles smartphone ou co sistema operativo Android e para Ipad, a través das utilidades da aplicación app AGalega.

Pode verse TVG e G2 nas plataformas televisivas de pago?

A Televisión de Galicia pode verse a través das plataformas televisivas de pago Movistar+, Vodafone ou Ono, Orange e R Galicia tanto no caso de que reciban o sinal por Internet como por satélite, pero a G2 so pode verse en Galicia.

A vontade da CRTVG é estar presente na oferta de todas as plataformas pero correspóndelles a ditas compañías a decisión final sobre os contidos que poñen a disposición dos espectadores.

Canles GALICIA RESTO DE ESPAÑA
TVG G2
Movistar 9  10 152
Vodafone/ONO 7 8 901
Orange 7 107 83
R 110 118  –

Como podo sintonizar a Radio Galega fóra de Galicia?

Pode acceder ás emisións en directo de Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio a través desta mesma web, na sección “RG en directo”: https://agalegaaudio.gal

Por outro lado, pode acceder desde todos os dispositivos móbiles smartphone ou co sistema operativo Android e para Ipad, a través das utilidades da aplicación app AGalega.

Como podo conseguir a copia dun programa ou noticia?

Pode realizar os pedidos de copias a través do departamento de Documentación da CRTVG, tendo en conta que o servizo está suxeito a unha tarifa. O formulario de solicitude está en: https://crtvg.gal/formulario-documentacion

Como podo baixar un programa colgado nesta web?

Os programas da nosa web non poden ser baixados nin copiados. A única opción é solicitalos seguindo as indicacións da pregunta anterior.

Como podo volver ver un partido emitido por esta web?

En https://agalega.gal na pestana de Deportes vostede pode atopar  e ver a maioría dos encontros que se emitiron nos últimos meses a través desta web.