Programación - CSAG
HAMMARSKJÖLD, LOITA POLA PAZ
En plena Guerra Fría, o secretario xeral da ONU, Dag Hammarskjöld, proponse descolonizar por completo África, pero o subsecuente estalido da violencia en países como o Congo obrígano a recorrer a métodos impopulares para lograr a paz.
LIBRO DE FAMILIA: Un cravo quita outro cravo
Serie. A decisión de Freire de deixar o invernadoiro provocará non só problemas na contorna laboral, onde os socios senten a súa marcha como unha traizón, senón tamén no terreo familiar, enfrontando a Sara e a Deli. Ramón Balseiro intenta aproveitar a amizade que une o seu fillo Óscar con María para investigar sobre as terras do invernadoiro, onde ten pensado construír coa axuda de Pedro. Doutra banda, don Venancio, Elías e Milucho temen polo benestar de dona Elvira.
LIBRO DE FAMILIA: O butaneiro
Serie. Santalla está en obras, polo que Elías se presta a levar no seu taxi as bombonas de butano para os veciños. Carmiña ve nisto unha posibilidade de negocio: e se Elías se convertese no novo butaneiro da vila? Por non variar, Elías servirase de artimañas para que o seu negocio sexa máis frutífero, aínda que Cosme e Venancio axexan para darlle o seu merecido escarmento. Elvira recibe unha carta de desafiuzamento. A beata está atravesando un terrible momento económico.
LIBRO DE FAMILIA: Quen rouba a un ladrón...
Serie. Santalla amence consternado tras o grave accidente de Pedro e Marcos. As consecuencias foron fatídicas e a aldea envórcase ante esta terrible noticia. Doutra banda, Elías decátase de que o alcalde viaxaba cun maletín cheo de cartos que puidera estar perdido no río. Xunto a Carmiña intentarán conseguir o botín. Laura, está desfeita pola terrible situación na que se atopa o seu fillo. María e Tomás serán o seu máximo apoio nestes duros momentos.
LIBRO DE FAMILIA: Unha esmola
Serie. A vila de Santalla pide unha esmola para a arruinada beata Elvira. Unha vez que Marcos está fóra de perigo, María considera a posibilidade de regresar a Vilariz e incorporarse ao seu traballo. As dúbidas asaltan a moza, que non quere abandonar o seu noivo, con todo é Marcos quen a obriga a marchar, pois non está disposto a que María se sacrifique por el.
LIBRO DE FAMILIA: Hoxe por ti, mañá por min
Serie. A volta a casa de Marcos revoluciona os Lamela. Tanto Laura como María están desfeitas ante a nova situación do mozo, pero intentarán por todos os medios animalo para salga adiante. Álvaro transformouse agora en compañeiro inseparable de Marcos.