div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A CRTVG fomenta a lingua entre a mocidade co programa '21 días co galego e +'

O espazo da Radio Galega ‘Galicia por diante’ emitirá unha sección diaria sobre os proxectos escolares participantes, e realizaranse vídeos para o ‘DígochoEu’ 

A iniciativa busca impulsar o uso da lingua entre a cativada e a mocidade, dentro e fóra das aulas, e apóiase nos medios públicos para acadar máis difusión
 

crtvg.gal 17/01/2024 11:53

Santiago, 17.01.2024.-   A CRTVG colabora na sexta edición de ‘21 días co galego e +’, un programa de fomento da lingua entre a infancia e a mocidade, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Este ano, a iniciativa ten por lema ‘Medrando en galego’, e desenvolverase ata o 6 de febreiro con espazo no programa da RG ‘Galicia por diante’ e no ‘DígochoEu’ da G2 para a difusión dos proxectos dos dez centros educativos galegos participantes.  

    O programa matinal radiofónico ‘Galicia por diante’, que colaborou en todas as edicións da iniciativa, ofrecerá de luns a venres, unha sección diaria a ‘21 días co galego e +’, en que alumnado e profesorado falarán dos temas dos seus proxectos, mentres que no ‘DígochoEu’ haberá encontros virtuais co alumnado e realizaranse vídeos propios para este espazo da CRTVG arredor da lingua.   

Ademais de comprometerse a falar en galego 24 horas ao día durante 21 xornadas, os estudantes realizarán propostas arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) que lles permitan reflexionar en galego sobre as preocupacións da sociedade actual, mellorando a súa formación como cidadás e cidadáns críticos e responsables co medio natural e social. As súas accións e creacións audiovisuais mostraranse no blog da iniciativa ( (blogs.xunta.gal/ 21diascogalegoemais/) e tamén nos soportes da CRTVG. 
    
Esta edición de ‘21 días co galego e +’ é a que acadou maior resposta ata a data, con 4.549 participantes entre profesorado, persoal de administración e servizos dos centros educativos e un total de 4.117 alumnos e alumnas de educación infantil e primaria. O programa naceu para impulsar 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade