div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Bases Concurso "MISS VACA GALICIA 2024"

BASES CONCURSO “MISS VACA GALICIA 2024”

DESCRICIÓN

A Corporación RTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela) e con C.I.F. A-15073349 , é a entidade responsable do concurso para televisión MISS  VACA 2024 (en diante, o Concurso) que se emitirá no programa LUAR , na cadea de TELEVISION DE GALICIA (en diante, a Cadea) e nas súas canles interactivas.

NORMAS APLICABLES AO CONCURSO

O concurso réxese polas presentes regras particulares accesibles na dirección www.crtvg.gal . O mero feito da participación por calquera dos medios contemplados nestas regras, implica a súa aceptación incondicional.

A Cadea resérvase o dereito de expulsar a calquera concursante que non cumpra coas bases legais en calquera momento do Concurso.

DINÁMICA DO CONCURSO

A Dirección do programa Luar fará a selección a través de fotografías remitidas polos propietarios dos animais, de oito vacas, dúas por cada provincia galega.

Posteriormente, ao longo de catro programas de Luar, farase a selección definitiva das catro vacas aspirantes ó titulo de Miss Vaca 2024.

En cada un destes programas mencionados presentaranse as dúas vacas que aspiran ser as representantes da súa provincia ó galardón final.

A vaca elixida por cada provincia será aquela que reciba maior numero de apoios por parte do público, sumadas as chamadas telefónicas e os votos en redes sociais.

 Quedarán así establecidas as candidaturas, unha por cada provincia, para o programa da gran final en que será elixida Miss Vaca Galicia  2024 entre as catro candidatas seleccionadas, como previamente quedou explicado

Todas as vacas participantes serán de razas autóctonas galegas.

A participación destas oito vacas nos catro programas de Luar mencionados non requirirá de presenza física do animal no estudio, xa que pode ser por medio de fotografías e reportaxes audiovisuais.

A presenza física no estudio (espazo exterior adaptado) das 4 vacas candidatas, si será necesaria no programa da gala final de elección de Miss Vaca 2024.

PARTICIPANTES.

1. Participarán no Concurso os propietarios das 4 vacas seleccionadas para a final. Poderán ser persoas físicas ou xurídicas.

2. No caso de persoas físicas, deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 16 que se atopen emancipadas, que residan legalmente dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que posúan DNI ou pasaporte vixente, en caso de ser españolas, ou NIE e permiso de residencia vixentes en caso de ser estranxeiras e que fosen seleccionadas nos diferentes `castings´ que a CRTVG efectúe para ese efecto e á súa única discrecionalidade e que actúe conforme ao procedemento aquí descrito.

3.  Non poderán participar no Concurso os traballadores de CRTVG, das empresas que presten os seus servizos á CRTVG, nin os familiares dos devanditos traballadores ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (incluídas as parellas de feito).

4. Tampouco poderán participar aquelas persoas que manteñan relacións de amizade cos traballadores vinculados ao Concurso que teñan capacidade de decisión sobre este.

O incumprimento destas condicións dará lugar á eliminación automática do concursante e á obrigación de devolver o premio obtido no seu caso.

MECANICA DO CONCURSO

Ao comezo do programa Luar, LUAR MISS VACA GALICIA 2024, farase a presentación das catro aspirantes a Miss Vaca Galicia 2024, seleccionadas en programas anteriores,  tal e como quedou explicitado.

 A cada vaca asinaráselle un número de teléfono e daranse as instrucións para poder participar a través das redes sociais establecidas para tal efecto.

Os telespectadores do programa e durante a súa duración, poderán votar chamando ós números de teléfono indicados, así como a través das redes socias anteriormente citadas.

O concursante que participe coa vaca que reciba maior número de apoios, sumando o número de chamadas telefónicas e os votos das redes sociais, será o gañador do premio e a vaca,  proclamada Miss Vaca Galicia 2024.

CLAÚSULAS XERAIS

 Regras de conduta

Os concursantes non recibirán contraprestación ningunha por esta participación, agás unha cantidade prefixada de 600€ brutos en concepto de gastos de transporte das vacas coas que participan, todo iso sen prexuízo do premio que puidese estar establecido nestas bases e que obtería en caso de resulta gañador, segundo as normas establecidas para este efecto.

CRTVG resérvase o dereito de descualificar calquera concursante do programa no caso de que considere que a súa actuación é dalgunha forma inadecuada ou contraria a calquera código de emisión, ético, de regulación ou a algunha lei aplicable.

O concursante non poderá, en ningún caso, promocionar ningún servizo ou produto, nin tampouco poderá utilizar unha linguaxe inapropiada, nin groserías, ou realizar declaracións inxuriosas, calumniosas ou dicir calquera cousa que puidese ofender ou ferir a unha persoa, empresa ou entidade. O concursante acepta que soamente el será responsable das consecuencias dos seus actos ou as súas palabras mentres participe no Concurso.

PREMIOS

O premio consistirá nunha achega de 3000€ en métalico para o propietario da vaca gañadora.

Ao propietario que gañe o premio, a CRTVG esixiralle como requisito previo ao seu pago:

O gañador deberá achegar o seu NIF, teléfono de contacto e número de conta bancaria con código IBAN da que sexa titular onde desexe recibir o importe do premio.

Tamén deberá acreditar ser propietario da vaca gañadora.

Os premios entregaranse nun prazo máximo de sesenta días despois de ser facilitada a documentación a que se refire este apartado.

Se transcorridos cento oitenta días contados a partir do día seguinte á data do Concurso, o gañador non remitise a documentación esixida, perderá o seu dereito a percibir o premio.

Os premios aboaranse por calquera dos sistemas de pago admitidos en España, a completa discreción da CRTVG.

Conforme á normativa fiscal vixente, todos os premios están suxeitos a retención e ingreso a conta polo IRPF. Ditas retencións serán deducidas dos premios obtidos en metálico. Anualmente remitiráselle ao gañador un certificado de retención e ingresos a conta cos datos do premio e da retención aplicada, para que este poida incluílo na súa declaración anual de IRPF.

Cesión de dereitos

A participación no Concurso implica obrigatoriamente a aceptación desta cláusula.

O participante, polo mero feito de participar no Concurso, outorga mediante a aceptación destas bases o seu consentimento expreso para que a CRTVG poida indistintamente empregar a súa imaxe, nome e/ou voz en calquera medio e a través de calquera forma de comunicación, incluída a publicidade e/ou promoción do Concurso en todo tipo de actividades relacionadas con este, xa sexa por si mesma ou a través de terceiros, sen limitación temporal nin territorial e sen percibir remuneración por iso.

A título enunciativo, pero non limitativo, CRTVG poderá emitir as gravacións en que aparezan os concursantes en calquera medio de difusión e/ou programas, promocións ou na web de CRTVG, así como nos seus servizos móbiles, de forma completa ou fraccionada, por separado ou de forma agrupada.

Protección de datos de carácter persoal

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa de  que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD) e na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento do concurso. Informámolo de que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.

Modificación de bases

A CRTVG resérvase o dereito de retirar ou cambiar o Concurso por motivos técnicos, operativos, comerciais, ou de audiencia, modificando no necesario as presentes Bases.

Aceptación das bases e lexislación aplicable

A participación no Concurso supón a aceptación expresa das presentes bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que delas efectúe a dirección do Concurso, cuxo criterio prevalecerá.

Serán competentes para coñecer os litixios que puidesen exporse os xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela, renunciando expresamente os participantes ao foro que lle puidese corresponder.

Atención de reclamacións

O concursante poderá efectuar as súas reclamacións en relación co concurso por calquera destas vías:

  • Por escrito, mediante escrito enviado a CRTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela).
  • A través da web da cadea CRTVG onde se promocione o Concurso: www.crtvg.gal

Santiago de Compostela 14 maio 2023

Asdo.: Dirección Programa

div-crtvg-top2

Publicidade