div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Emilio Españadero recolleu o Premio Rebulir ao espazo 'Lume na palleira' da Radio Galega

O programa da canle pública foi galardoado na categoría Homenaxe por ser un dos máximos expoñentes da difusión da música tradicional e da cultura de base desde hai preto de 32 anos

O presentador de 'Lume na palleira', Emilio Españadero, recollendo o premio O presentador de 'Lume na palleira', Emilio Españadero, recollendo o premio
crtvg.gal 18/12/2023 12:46

Santiago, 18.12.2023.-     Emilio Españadero, director do programa da Radio Galega ‘Lume na palleira’, recolleu esta fin de semana o Premio Rebulir da Cultura Galega 2023 na categoría Homenaxe. O acto de entrega de galardóns tivo lugar o sábado nunha gala que se celebrou no concello de Ramirás (Ourense), á que acudiu Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG, en representación da Corporación.

O xurado desta edición dos premios Rebulir do FIR, o Festival Internacional Rebulir, destacou este espazo da emisora pública por ser un dos máximos expoñentes da difusión da música tradicional e da cultura de base desde hai preto de 32 anos.
    
O xurado outorgou tamén os galardóns nas categorías de música galega a Xurxo Fernandes, por representar a interculturalidade desde o eido musical e poñer en valor o propio sen deixar de conectar co alleo, e na categoría de artes escénicas ao actor Luís Zahera, pola súa dilatada traxectoria no mundo da interpretación sen renunciar nunca a súa esencia e raizame galega.

O xurado desta edición estivo composto por Sandra González Sousa, presidenta da Asociación Cultural Rebulir; Alexandre Sotelino Losada, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e director artístico/académico do FIR), así como por Sandra Quintas Vázquez, coordinadora do Servizo de Cultura da Xunta de Galicia; Rosendo L. Fernández, deputado da Deputación de Ourense; Isabel Gil Álvarez, alcaldesa do Concello de Ramirás; Manuel Edreira Buela, músico; Iván García García, xestor cultural; Eva Tato e Galicia Gutiérrez, actrices e profesoras de Teatro; Álvaro Pérez Marqués, profesor de Música e Susana Durán González, directora de Administración do FIR.

O Premio Rebulir de Cultura Galega nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz. Entre os/as premiadas están nomes de recoñecido prestixo como Fuxan os Ventos, Méndez Ferrín, Celso Fernández Sanmartín, Xabier Diaz, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Uxia, Leilía, Rubén Riós, Antonio Durán ‘Morris’, María do Ceo, Carlos Blanco, Marcos Pereiro e Xose Antonio Touriñán, Xosé Ramón Gayoso, Xose Manuel Piñeiro, Mercedes Peón, Fina Calleja, Anxo Angueira... entre outros/as.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade