div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Nunha nova entrega de 'Saudade de ti', Pedro suxire hoxe aproveitar a amnesia de Isidro para gañar apoio público

Ademais, espértase en Lucho o interese por ter fillos con Elba e Brais rexeita manter a súa amizade con Noa para evitar complicacións sentimentais

crtvg.gal 16/07/2024 02:00

Santiago, 16.07.2024.-    No capítulo deste martes da serie ‘Saudade de ti’ (22:50 h), Celia regresa á casa preocupada pola amnesia de Isidro. Pedro suxire aproveitar esta situación para gañar apoio público, pero a doutora Eiroa rexeita esta proposta porque non quere tirar proveito da doenza de seu pai.

Pola súa parte, Teresa ofrécelle axuda a Raúl coa nena e sorprende a todos ao deixar que sexa Lucho quen coide do bebé. Despois de atender a Carmen, Lucho amosa o seu interese por ter fillos con Elba, pero ela séntese incomoda ante a idea de formar unha familia e suxire aprazar a voda debido ao estado do seu tío Isidro.

Namentres, Brais rexeita manter a súa amizade con Noa para evitar complicacións sentimentais, pero a ela o que lle preocupa é a relación de Álex con Eloi, o capataz da obra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade