div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

O documental da TVG 'Demasiados días desastrosos. Dislexia' estréase na Filmoteca de Galicia na Coruña

Dirixido por Jorge Algora, pon o foco no problema e as consecuencias que implica a dificultade para ler ou escribir

Neurólogos, psiquiatras, psicólogos, logopedas, e pais e nais, explican como viviron as secuelas emocionais que provoca a dislexia 

Emitirase proximamente na Televisión de Galicia e estará dispoñible en AGalega.gal
 

crtvg.gal 26/09/2024 14:29

Santiago, 26.9.2024.-   O documental da Televisión de Galicia ‘Demasiados días desastrosos. Dislexia’ estréase este xoves, ás 20:30 horas, na Filmoteca de Galicia na Coruña. A produción, dirixida e producida por Jorge Algora, responsable de Adivina Producciones, pon o foco, desde un punto de vista educativo e sensibilizador, no problema e as consecuencias que entraña a dificultade para ler ou escribir. Emitirase proximamente na TVG ao tempo que se incorporará tamén aos contidos da plataforma dixital AGalega.gal.

Neurólogos, psiquiatras, psicólogos, logopedas, pais e nais, achegan datos, anécdotas e explican como viviron as secuelas emocionais que provoca a dislexia. Entre estas testemuñas que participaron na produción, Algora contou coa participación da súa esposa, Susana Maceiras, directora de produción de Adivina, e do seu fillo Pablo, que hoxe ten 22 anos. 

Segundo se lembra no documental, un 10 % da poboación española sofre dislexia en distinto grao. Unha porcentaxe que, cando afecta os menores, supón unha influencia negativa no rendemento escolar. Os nenos e nenas, cando dan os seus primeiros pasos na lectura en Educación Infantil ou Primaria, sofren un trastorno na súa aprendizaxe por inconvenientes ao identificar os sons da fala e aprender a relacionalos coas verbas e as palabras.

Nun sistema de aprendizaxe baseado na lectura e na escritura, os obstáculos que teñen que sortear para saír adiante coa dislexia orixina nos estudantes problemas de ansiedade o depresión, perda de autoestima, acoso ou marxinación. Situacións indesexables que, con frecuencia, se producen nos centros de ensino e afectan os estudantes desde idade temperá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade