A G2 e AGalega.gal ofrecen esta fin de semana os partidos de fútbol máis destacados dos equipos galegos en 1ª e 2ª RFEF - CRTVG
A G2 e AGalega.gal ofrecen esta fin de semana os partidos de fútbol máis destacados dos equipos galegos en 1ª e 2ª RFEF
Os espectadores poderán ver os encontros Valladolid B-Compostela, Real Sociedade B-Ourense C. F., Coruxo-Guijuelo, Bergantiños-Raio Cantabria e Zamora-Arenteiro
Tamén se ofrecerá a cita deste sábado do equipo de fútbol sala feminino Poio Pescamar contra o Castro Bloques Cando
Santiago, 20.12.2024.- A fin de semana deportiva comeza para os usuarios da G2 e da plataforma AGalega.gal este sábado ás 16:00 h co partido de fútbol de 2ª RFEF entre o R. Valladolidad Promesas e a S. D. Compostela. O equipo compostelán desprazarase a Valladolid para xogar no Estadio José Zorrilla.
O mesmo día, as xogadoras de fútbol sala do equipo do Poio Pescamar F. S. xogarán na casa contra o S. F. Castro Bloques Cando nun partido de 1ª RFEF feminina. O encontro terá lugar ás 18:00 h, sendo esta a 15ª xornada de competición.
O domingo deportivo arrancará ás 12:00 h cun partido de Primeira Federación entre a Real Sociedade B e o Ourense C. F. O equipo ourensán, que só perdeu un partido nos últimos dous meses desde que chegou o novo adestrador, Pablo López, viaxará a Donostia para xogar no Real Arena o seu último partido do ano.
A tarde do domingo tamén estará cargada de fútbol, comenzando cun de Segunda RFEF entre o Coruxo C. F. e o C. D. Guijuelo ás 16:30 h, correspondente á última xornada da primeira volta. A continuación, a partir das 18:30 h, ofrecerase na G2 a segunda parte doutro encontro desta categoría: o Bergantiños C. F.-Raio Cantabria.
Para rematar a fin de semana, os espectadores poderán gozar ás 19:30 h dun partido de Primeira Federación entre o Zamora C. F. e o C. D. Arenteiro, que actualmente mantén a sexta posición na táboa clasificatoria.