div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

O documental 'O futuro é das cabras', de Oliver Laxe, chega a AGalega

Pódese ver en exclusiva na plataforma dixital da canle pública, en agalega.gal

A premiada longametraxe ‘O que arde’, do mesmo director, atópase tamén no catálogo de cine da OTT

crtvg.gal 15/03/2024 13:35

Santiago, 15.03.2024.-    Agalega.gal estreou este xoves a última obra de Oliver Laxe, o documental ‘O futuro é das cabras’, unha visión do futuro de Galicia a través da singular mirada dun dos cineastas galegos máis premiados internacionalmente.

O futuro é das cabras’ explora a visión do futuro de Galicia a través da narrativa singular de Oliver Laxe, quen utiliza o simbolismo e a metáfora para reflexionar sobre o futuro da rexión, tecendo a relación entre a vida tradicional de Galicia e as súas perspectivas para ofrecer unha visión do que podería ser o futuro da Galicia rural. Neste documental, Oliver Laxe achega o seu mundo máis próximo, A Vilela, onde intenta construír o seu proxecto de vida ao tempo que reflexiona sobre a espiritualidade, o sinxelo e o simbólico, sobre o terreo en que está enraizado o noso futuro. O documental relata como en maio de 2021 un grupo de arqueólogos comeza os traballos de estudo do castro do Teso da Ermida nunha montaña dos Ancares (Lugo). Na outra ladeira, Suso e Oliver, veciños de Vilela, preparan o peche para introducir cabras nunha zona abandonada. Pretenden facer un cinto que protexa as casas e o monte dos posibles incendios.

O catálogo de AGalega conta tamén con ‘O que arde’, a aclamada longametraxe de Laxe gañadora en Cannes no 2019 do Premio do Xurado da sección ‘Un certain regard’. ‘O que arde’, a película con máis recadación e máis vista en lingua galega, foi a primeira cinta en galego proxectada na sección oficial do festival francés.    

En xaneiro deste 2024 naceu a plataforma dixital dos medios públicos galegos, acompañada das app AGalegaAudio e Xabarín. En total, sumando estas tres novas canles, son máis de 10.000 os contidos dispoñibles ata o momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade