div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Os concursantes de 'A liga dos cantantes extraordinarios', cada vez máis igualados

Esta noite amosarase como é un día de gravación do programa e como os aspirantes á mellor voz van sentíndose cada vez máis cómodos

crtvg.gal 16/10/2024 00:01

Santiago, 16.10.2024.-    A emoción vai medrando en ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (22:25 h) ante unha clasificación cada vez máis axustada. Nesta quinta edición do concurso de talentos, María Mera falará hoxe da importancia da presenza de público no estudio de gravación e, neste senso, a presentadora recibirá unha visita moi especial, a súa nai, coa que tamén se terá a opción de falar. 

 A Diego Barbazán, padriño en nome da orquestra Olympus, o equipo de realización gastaralle unha broma que de seguro vai tardar en esquecer. Pola súa parte, Blas Piñón, pola París de Noia, e Noly, representando a Los Satélites, cumprirán esta noite a súa promesa de asistir vestidos en bermudas cun look que non vai deixar indiferente a ninguén. 

Pola parte do xurado profesional, Roi Casal e Iago Pico amosarán como é un día de gravación do programa e como os concursantes van sentíndose cada vez máis cómodos. A clasificación está cada vez máis axustada.

Un mércores máis, os oito concursantes e os seus padriños musicais seguirán  traballando xuntos para acadar o gran premio de ser ‘o/a mellor cantante galego/a’ e debutar nunha gala especial xunto aos seus ídolos, os intérpretes da orquestras máis aclamadas de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade