div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' elixe esta noite os seus dous primeiros finalistas

Costas, finalista da quinta edición do programa, dará un descanso entre tanta emoción, e Lito, da orquestra Panorama, volverá ao estudio para intentar poñer orde

csag.gal 22/07/2025 02:00

Santiago, 22.07.2025.-    A carreira cara á final de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ chega chega hoxe (22:25 h) á súa fin, xa que os dous concursantes que ao finalizar o programa encabecen a lista de puntuación pasarán directamente á final. Así que as emocións e os nervios están máis alterados que nunca. 

Tamén será a derradeira oportunidade de utilizar algunha das particellas de ouro e máis dun aproveitará a ocasión para marchar a outra escudería ou roubar algún concursante. 

A visita de Costas, finalista da quinta edición da Liga, dará un pequeno descanso entre tanta emoción. Unirase aos padriños nun medley feito coas sintonías máis coñecidas das series de TVG nunha nova homenaxe polo seu 40 aniversario e, ademais, presentará o seu primeiro sinxelo. Pero esta non será a única visita desta semana: Lito, da orquestra Panorama, volve ao estudio de gravación para intentar poñer orde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade