div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'A liga dos cantantes extraordinarios' vive un sábado de emocion, espectáculo e destacadas interpretacións

Yennia abre a noite cun tema propio, mentres os concursantes sorprenden coas súas eleccións musicais e Barbazán e Jose continúan coa súa particular competición por conquistar a María Mera

csag.gal 07/11/2026 00:01

Santiago, 7.11.2026.-   A nova edición deste sábado de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (21:55 h) arrinca cun tema propio de Yennia, ‘Vivir en Galicia’, que abre unha noite cargada de emoción, espectáculo e moitas historias persoais. A continuación entra en xogo o concurso coa actuación de Fani, que interpreta ‘Todo irá ben’, unha canción moi especial porque, por primeira vez, decide dedicarlla a si mesma para reforzar a confianza persoal.

O escenario énchese despois de son internacional co dúo formado por Avi, de Venezuela, e Yunier, de Cuba, que interpretan ‘Grande Amore’, de Il Volo. Ainara sorprende o xurado ao atreverse por primeira vez cun vals, ‘Con todo y mi tristeza’. Tras a actuación, confesa que estudou durante anos para ser actriz, mentres Roi lle recomenda seguir buscando a tesitura ideal da súa voz.

O humor e a retranca chegan da man de Barbazán, que continúa no seu particular plan para conquistar a María Mera e dedícalle unha poesía. Despois, deixando o concurso a un lado, os padriños e César únense para interpretar ‘Vivir sin aire’, de Maná. De volta á competición, Clara presenta ‘Galopín’, un tema inédito da Liga pensado especialmente para ela. Logo é a quenda de Jose, que tamén se suma ás bromas sobre conquistar a María Mera ensinando unha foto coa nai da presentadora, á que xa chama ‘sogra’. Sobre o escenario interpreta ‘Baile inolvidable’, de Bad Bunny.

Kevin aposta pola música galega con ‘A Santiago voy’, de Pucho Boedo. O xurado anímao a seguir traballando a voz e tamén a adaptar mellor a posta en escena ao tema interpretado. Ademais, Kevin ten un detalle con Carolina e agasállaa cun ramo de flores. A enerxía regresa con forza da man de Kiowa, que sobe ao escenario decidida a recuperar sensacións tras o programa anterior e interpreta ‘Wrecking Ball’.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade