div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

“Agalega.gal multiplica a posibilidade de levar a lingua e o cinema galego a todo mundo”

O director de Contidos da Corporación, Fernando R. Ojea explicou o modelo galego de contratación de proxectos no Promercat-València Film Market

Ojea sinalou que, coa nova plataforma, “nos primeiros 5 meses de funcionamento chegamos a 193 países”

Lembrou tamén que o 94,9 % dos contidos emitidos por TVG son producidos en Galicia

crtvg.gal 26/06/2024 10:23

Santiago, 26.06.2024.- O director de Contidos da CRTVG, Fernando Ojea, participa esta semana no Promercat-València Film Market, foro dedicado ás producións audiovisuais que buscan a coprodución en linguas cooficiais, e interviu no debate Promercat Autonómico, no que explicou o modelo que segue a CRTVG para a selección e contratación de proxectos tanto de apoio ao cinema como de ficción de produción propia externa.

    Ojea salientou que nos últimos anos se observa “un aumento do interese dos proxectos que conectan co imaxinario colectivo dos galegos e se inspiran en feitos reais”, así como que a Corporación promove especialmente a súa participación en proxectos con valores de produción galegos, empezando pola lingua, e proxectos de creadores emerxentes con potencial de percorrido por festivais. “A CRTVG non ten vocación de organismo subvencionador, senón de medio de comunicación que aspira a levar o noso talento creativo ao público e aos mercados internacionais”, rematou.

    O director de Contidos da canle galega sinalou tamén que “a nova plataforma AGalega.gal é unha magnífica ferramenta que multiplica as posibilidades de levar a lingua e o cinema galego a todo mundo” destacando que “nos seus primeiros 5 meses de vida a Agalega.gal chegou xa a máis de 193 países”. Neste debate sobre o papel das televisións públicas na coprodución autonómica interviron tamén Alfred Costa, director xeral de À Punt; Oriol Sala-Patau, xefe de Ficción e Cine de TVC; Marta Comín, directora de IB3 e Vanesa Fernández Guerra, directora de Cultura e Euskera de EITB.

    Organizado polo Institut Valencià de Cultura, Promercat-València Film Market celébrase ata mañá día 27 no Institut Valencià d’Art Modern (IVAM), coorganizador do evento e conta coa colaboración de Cinema Jove e a canle autonómica À Punt.
……………………………………

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade