div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Casa de cor' transforma esta noite dous espazos nunha sala de estudos e nun cuarto de ensaio

A familia Pérez e a mestra de canto Thais confían en Dani Polo para reinventar estancias desaproveitadas e adaptalas ás súas necesidades

csag.gal 09/06/2026 00:01

Santiago, 9.6.2026.-    Dani Polo ponse á fronte esta noite de dous novos retos de decoración e organización en ‘Casa de cor’ (22:45 h). Apoiado por Ana Barja, organizadora profesional especializada en optimización de espazos, e por Eduardo Figueiredo, pintor e especialista en alta decoración, achegarán solucións creativas, prácticas e accesibles para conseguir que as estancias dos dous fogares desta noite ‘semellen de revista’. E todo realizado en só dous días de traballo e cun orzamento pechado.

Os especialistas de ‘Casa de cor’ acoden este martes ao auxilio da familia Pérez, con dous nenos en idade escolar, que queren converter en sala de estudos un cuarto dos xoguetes desaproveitado. Neste capítulo tamén prestarán auxilio a Thais, unha mestra de canto que precisa dun recuncho de paz na súa casa, o cuarto que ten destinado para ensaiar e traballar na casa, un espazo que precisa funcionalidade, personalidade, orde e estilo. 

Dous espazos con problemas moi diferentes, pero co obxectivo común de recuperar o equilibrio sen renunciar á personalidade de cada fogar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade