div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Cos pés na terra' ofrece hoxe unha tripla entrega con historias de tradición e vida no rural galego

Os protagonistas destes programas amosan os seus proxectos de turismo rural, gandería, viticultura heroica, artesanía e educación no campo 

csag.gal 10/05/2026 00:01

Santiago, 10.5.2026.-    A TVG achega este domingo á noite unha tripla entrega do ‘Cos pés na terra’ (22:00 h), que levará os espectadores por distintos recunchos de Galicia da man de historias que combinan tradición, talento e compromiso co rural. 

A primeira das entregas se  achegará a unha casa rural liderada por Mario, un mozo que decidiu continuar co negocio familiar nun espazo onde conviven animais, boa cociña e propostas de aventura. O programa tamén coñecerá a Eva, unha gandeira que sitúa o benestar animal como prioridade nunha explotación con vacas de distintas razas, e visitará o colexio de Cervantes, onde profesorado e alumnado converten un pequeno terreo nunha ferramenta de aprendizaxe.

Na segunda entrega, os espectadores descubrirán a historia de Manolo, un dos pioneiros do cultivo do kiwi en Galicia, que nos anos 80 apostou por este froito fronte á gandería tradicional. O percorrido complétase coa xornada de traballo de Miguel, un novo gandeiro que coida vacas rubias galegas, e coa visita ao obradoiro de Nano, ceramista que compartirá o seu saber sobre materiais, esmaltes e o oficio.

O ‘Cos pés na terra’ trasladarase á Ribeira Sacra, na terceira cita desta noite, para afondar nos segredos da viticultura heroica da man de Roberto, enólogo experimentado. Ademais, o programa acompañará a Pablo, pastor de ovellas que atende a súa manda coa axuda da familia e dun can moi especial, e coñecerá a Sandra, mestra de pintura no rural que combina a creación artística coa estimulación da imaxinación dos máis novos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade